martes, 2 de agosto de 2016

galegoespañol

Perseidas 2016

CHOIVA DE ESTRELAS

:· PLANETARIO EN DIRECTO
>> Casaciencias
Sesións especiais de planetario en directo: consellos para observar a choiva de estrelas, historias e lendas, explicación do fenómeno astronómico.
Fechas: 8 — 14 agosto 2016
Hora: 18:00
Duración: 1 hora aprox.
Precio: 2€ (1€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove, Tarxeta 20, desempregados e membros de familias numerosas)
As estrelas fugaces acoden á súa cita anual co ceo de verán e a Casa das Ciencias mostra as claves para poder observarlas. Haberá sesións especiais de Planetario ás 18:00 do 8 ao 14 de agosto, e todas as sesións incluirán recomendacións para observalas.

Cada ano por estas datas os afeccionados á astronomía teñen un encontro ineludible coa choiva de estrelas fugaces das Perseidas, chamadas así porque parecen xurdir da constelación de Perseo, que sae polo horizonte NE cara á media noite.

É un dos fenómenos astronómicos máis emocionantes e ao mesmo tempo máis accesibles que nos ofrece o ceo. Por iso, entre o 8 e o 14 de agosto todas as sesións no planetario da Casa das Ciencias incluirán recomendacións para observalo.

Ademais, eses días as sesións en directo das 18:00 estarán dedicadas en exclusiva ás Perseidas.



O mellor modo para observalas é a simple vista, nun lugar afastado das luces de pobos e cidades, sendo o máximo de Perseidas o 12 de agosto, e mirando cara á dirección en que o ceo estea máis oscuro. A observación non necesita de máis axuda que un ceo despexado, abrigo, paciencia e boa compañía. Non se recomenda o uso de prismáticos ou telescopios.

Lendas do ceo
Antigamente as Perseidas asociábanse con catástrofes ou lendas sobre demos expulsados do ceo. Hoxe sabemos que as estrelas fugaces só son fragmentos de materia cuxo tamaño oscila entre o de grans de area e moutas de po.

Cada ano por estas datas a Terra encontra no seu camiño arredor do Sol os restos da cola do cometa Swift-Tuttle, descuberto en 1862 e que volveu pasar pola mesma zona no 1992. A medida que estas pequenas partículas penetran na atmosfera terrestre a gran velocidade, o aire ao longo da súa traxectoria vólvese incandescente, deixando rastros que poden permanecer no ceo durante varios segundos.

As Perseidas tamén son coñecidas como as Bágoas de San Lorenzo, xa que o seu máximo adoita producirse arredor do día 10 de agosto, en que se celebra o martirio do santo, (que foi asado á grella en Roma no século III).

:· PARA SABER MÁIS
Meteors | Sky & Telescope
Completas reportaxes sobre as Perseidas e outras choivas de estrelas.



 

© 2016, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións