miércoles, 19 de diciembre de 2007

galegoespañol

Alá no fondo hai sitio abondo

TEATRO CIENTÍFICO

A obra "Alá no fondo hai sitio abondo" é unha creación do Grupo Chévere que ten como obxectivo achegar a todos os públicos as marabillas da nanotecnoloxía. Está protagonizada polas irmás Feynman (do lexendario Circo Atómico das Irmás Feynman), que coa sua maxia vannos trasladar ao infra-mundo dos átomos para que vexamos como son, como se comportan e como podemos construir con eles materiais que xa están a transformar as nosas vidas. A obra combina circo de pulgas, espectáculo de feira, maxia, teatro de variedades, music-hall e divertido rigor científico.

Coa colaboración de Caixanova, e Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

Datas das representacións:
Sábado 22 de decembro: sesión as 12.30 horas, e as 18.00 horas
Domingo 23 de decembro: sesión as 12.30 horas, e as 18.00 horas
Luns 24 de decembro: sesión as 12.30 horas

Lugar:
Salón de Actos da Casa das Ciencias (edificio xunto á Fonte da Bola). Parque de Santa Margarita. A Coruña

Retirada de invitacións:
Desde o xoves 20 decembro, na Casa das Ciencias (de 10 a 19 horas)



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións