viernes, 21 de diciembre de 2007

galegoespañol

Fotógrafos da Natureza

2008 :· EXPOSICIÓN TEMPORAL


>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
21 decembro 2007 - 31 agosto 2008
FINALIZADA

Gañadores e finalistas de "Wildlife Photographer of the Year", o certamen de fotografía de natureza máis importante do mundo: 32.000 concursantes, 78 países, 15 categorías.

Co patrocinio de:



Cada ano, miles de fotógrafos de todo o mundo —profesionais e afeccionados, pícaros e adultos— participan no concurso Wildlife Photographer of the Year, que organizan a BBC e o Natural History Museum de Londres desde 1964.

E cada ano a sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae estrea en España a exposición unha selección das mellores fotografías do prestixioso concurso, incluíndo la ganadora absoluta:a gañadora absoluta, unha impactante e creativa imaxe dun elefante dándose un baño de lodo, realizada polo británico Ben Osborne.

Entre as fotografías expostas están tamén as realizadas por fotógrafos españois, cuxa presencia entre os premiados e finalistas é a máis alta rexistrada nos últimos anos; un deles, Felipe Barrio, é o gañador na categoría “Mundo submarino”, cunha instantánea de quenllas touro alimentándose xunto a un banco de sardiñas.
«Espero que na exposición cada un atope unha imaxe capaz de remover os seus sentimentos cara á vida do planeta»
Jim Brandeburg, Presidente do Xurado
Instantes da vida salvaxe

"Elefante creativo", de Ben Osborne.

SHELL WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR. O autor, Ben Osborne, pasou tres semanas da estación seca de Bostwana xunto a unha charca de auga no Parque Nacional de Chobre. Así captou a este gran macho, asperxéndose con axuda da súa trompa e chapoteando coas súas patas.


"O cazador de trofeos", de Roy Toft.

PREMIO GERALD DURRELL. Esta sección recolle imaxes de especies vulnerables, en perigo e en situación crítica (atendendo á Lista Vermella de especies ameazadas da IUCN). O premio fai honra a Gerald Durrell, quen loitou intensamente en favor da fauna e flora máis ameazadas da Terra.


"Tomando aire", de Paul Nicklen.

ANIMAIS NA SUA CONTORNA. Unha sección para fotografías que mostren a relación dos seres vivos co seu hábitat.


"Ao ronsel do reactor", de Csaba Karai.

PREMIO PLANETA TERRA. As fotografías desta sección recordan que a nosa Terra é única, e deben facernos reflexionar sobre a nosa interacción coa natureza e o que dependemos dela.


"O gran mísil branco", de Amos Nachoum.

COMPORTAMENTO ANIMAL. As imaxes desta categoría han de mostrar acción. Engloba tres apartados: Mamíferos, Aves, e Outros animais.


"O festín dos xigantes", de Felipe Barrio.

MUNDO SUBMARINO. Esta categoría resérvase aos animais ou plantas do mar e das augas continentais.


"Mirada de oso", de Sergey Gorshkov.

RETRATOS DE ANIMAIS. Unha categoría na que se capta o carácter ou a esencia dun animal de forma orixinal e única.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións