lunes, 21 de enero de 2008

galegoespañol

Curso de Iniciación á Astronomía

2008

:· APÚNTATE

CANDO E ONDE
28—31 xaneiro 2008,
de 19:30 a 21:30 horas.
No Planetario da Casa das Ciencias.

INSCRIPCIÓN
Na Secretaría da Casa das Ciencias, teléfono 981 189844.
Prazas limitadas

PRECIO
30 euros
Inclúe a matrícula no curso, materiais e a Tarxeta 20, que dá un ano de acceso aos Museos Científicos Coruñeses.

15 euros
Tarifa reducida para membros da Asociación de Amigos de Casa das Ciencias, da Agrupación Astronómica Io, estudantes e maiores de 65 anos

O Planetario de Casa das Ciencias organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos de Casa das Ciencias e a Agrupación Astronómica Io, un curso de iniciación á astronomía.

É un curso práctico dirixido a persoas que desexen gozar da astronomía a primeira ollada nun ambiente relaxado. Os asistentes poderán aprender a recoñecer os planetas, estrelas e constelaciones máis destacados, e a interpretar os seus movementos no firmamento.

Tamén se mostrará o uso de prismáticos e pequenos telescopios para descubrir obxectos celestes espectaculares, sen esquecer unha referencia aos últimos achados científicos sobre o Universo. Se as condicións permíteno, o último día do cursiño realizarase unha saída nocturna para ver o firmamento.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións