jueves, 31 de enero de 2008

galegoespañol

Entroido 2008

Tal como recolle a ordenanza municipal reguladora de taxas, o martes de entroido a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta para todos os visitantes.

As xornadas de portas abertas nos Museos Científicos Coruñeses celébranse cada ano con motivo dos festivos locais (martes de entroido, 5 de febreiro, e Virxe do Rosario, 7 de outubro), o Día da Ciencia na Rúa (que este ano será o 10 de maio), o día dos Museos (18 de maio), e a Semana da Ciencia (do 10 ao 16 de novembro en 2008).

TALLER DE MÁSCARAS NO AQUARIUM
Os próximos domingo 3 e luns 4 de febreiro o Aquarium Finisterrae organiza un Taller de Máscaras de Entroido destinado a nenos de entre 7 e 11 anos de idade.

Os participantes aprenderán a deseñar máscaras e maquillaxes de temática mariña. Peixes, polbos, estrelas de mar, quenllas e focas serán os protagonistas dos disfraces. Tamén construirán unha máscara co rostro de Gastón, a gran quenlla touro do Aquarium, e terán oportunidade de montar máscaras e disfraces para unha comparsa cuxos personaxes representan ao gran depredador e as súas presas potenciais: robalizas, caballas, meros.

Cada día formaranse dous grupos: o primeiro elaborará as máscaras entre as 11:00 e as 13:00 horas, e o segundo entre as 17:00 e as 19:00 horas. O material necesario para fabricar os disfraces e as maquillaxes será facilitado polo Aquarium. O prezo da actividade é de 4 euros, correspondente á entrada de tarifa reducida.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións