viernes, 15 de febrero de 2008

galegoespañol

Eclipse total de Lúa 2008

A TERRA FAI SOMBRA Á LÚA :· PLANETARIO

>> Casa das Ciencias
Todas as sesións de planetario incluirán consellos para observar o eclipse de Lúa e explicacións de como se produce.
Datas: 16, 17, 18, 19 e 20 febreiro 2008


O vindeiro xoves 21 de febreiro, a partir das catro da mañá, producirase un eclipse total de Lúa que será visible desde toda España.

Un eclipse deste tipo prodúcese cando a Lúa chea entra na zona de sombra proxectada pola Terra e escurécese gradualmente nun proceso que, neste caso, dura case seis horas.

A fase de totalidade é a máis espectacular do eclipse. Terá lugar entre as 4.00 e as 4.51 horas. Nesa fase a Lúa non desaparece do todo, senón que normalmente tínguese dunha cor avermellada similar ao do horizonte nos amenceres e atardeceres.

:· DESCARGAS
Reportaxe publicada en La Voz de la Escuela
Hoxe a Lúa vístese de vermello

Dosier elaborado pola Agrupación Astronómica Ío
Eclipse total de Luna 21 de febrero de 2008 (PDF, 1.2 MB)


Vídeo dun eclipse de Lúa a cámara rápida | © IAC

Se o Sol é unha bombilla que ilumina a Lúa e a Terra un disco que se interpón e a ensombrece, a atmosfera terrestre é unha fina rendija pola que só se coan os raios vermellos, que colorean a Lúa durante a fase de eclipse total.

Recomendaciones
Para observar un eclipse lunar só fai falta curiosidade... e que o tempo acompañe e as nubes non nos oculten o fenómeno. Consulta o parte meteorolóxico e, se dispós de prismáticos poderás ver o eclipse con máis detalle. Non é necesario un telescopio.

E sempre podes usar a imaxinación para voar á Lúa:
¿Como se verá o eclipse desde o noso satélite?



Pois, na Lúa, o que se ve é un eclipse de Sol.

:· PARA SABER MÁIS
Retransmisión del eclipse en directo | Universidade Complutense de Madrid
O eclipse no teu ordenador a partir das 00.30 do 21 de febreiro.

Total Eclipse of the Moon | NASA
Todo o que hai que saber sobre o eclipse de hoxe.

Eclipses and Moon Phases Simulation in 3D | ForgeFX
Simulación en 3D dos movementos da Lúa, a Terra e o Sol.

Eclipse total de Luna 2007 | InfoAstro
Completo informe, con vídeos e ilustracións. Autores: Víctor R. Ruiz e Javier Armentia.




 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións