miércoles, 20 de febrero de 2008

galegoespañol

O rostro humano das matemáticas

CARICATURAS E XOGOS LÓXICOS :· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Casa das Ciencias
Planta baixa
18 febreiro — 28 marzo 2008
FINALIZADA

Unha exposición da Real Sociedad Matemática Española.
ver exposición virtual
Equipo
Raúl Ibáñez Torres, Santiago Fernández Fernández, Pedro M. González Urbaneja, Vicente Meavilla Seguí, Fco. Javier Peralta Coronado, Antonio Pérez Sanz, Adela Salvador Alcalde.
Debuxantes
Enrique Morente Luque, Gerardo Basabe Pérez de Viñaspre.


Trátase dunha exposición sobre os personaxes máis destacados na historia das matemáticas, que se presentan a través de caricaturas e xogos lóxicos e xeométricos. Algúns dos protagonistas son moi coñecidos, como Pitágoras ou Newton, pero doutros quizais só nos soe o seu nome. O obxectivo da exposición é porlles cara e achegarnos á súa historia persoal. Mostrar, en definitiva, o rostro humano das Matemáticas.

A selección de trinta matemáticos cobre desde os tempos da Grecia clásica ata o presente, ofrecendo ademais unha imaxe da evolución desta disciplina, que co tempo converteuse nunha ferramenta fundamental para a nosa comprensión da natureza e a resolución de todo tipo de problemas científicos, tecnolóxicos e sociais. Sen os resultados do seu traballo hoxe non poderiamos gozar de Internet, a predición meteorolóxica, as redes de transporte ou as grandes obras da enxeñería e arquitectura.



Nesta lista inclúense a Pitágoras, Euclides, Arquímedes, Apolonio, Mohamed IBN Musa Al-Khowarizmi, Fibonacci, Nicolás Fontana, Jerónimo Cardano, René Descartes, Pierre Fermat, Isaac Newton, Gottfried W. Leibniz, Leonhard Euler, Joseph Lagrange, Carl F. Gauss, Madame de Chatelet, Hipatia de Alejandría, David Hilbert, Henri Poincaré, Bernhard Riedmann, Evariste Galois, Niels H. Abel, Agustin-Louis Cauchy, Sophie Germain, Sonia Kovalevskaya, Emmy Noether, Ventura Reyes Prosper, Pedro Puig Adam, Julio Rey Pastor, Lluis Antoni Santalo i Sors y Miguel de Guzmán.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións