lunes, 3 de marzo de 2008

galegoespañol

Fish and chips

2008

:· APÚNTATE

CANDO E ONDE
17 marzo 2008,
de 10:00 19:30 horas.
No Aquarium Finisterrae.

INSCRIPCIÓN
Desde o 3 de marzo, na secretaría do Aquarium
981 189842
Prazas limitadas.

PRECIO
55 euros Tarifa normal.
45 euros Tarifa reducida para socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e titulares da Tarxeta 20.

O Aquarium Finisterrae e a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias organizan un campamento para fomentar o consumo responsable dos produtos do mar dirixidos aos nenos de entre 10 e 13 anos.

Poderán participar ata 20 nenos, que realizarán actividades de 10 a 19:30 horas. Os participantes almorzarán na Cantina de Ultramar cun menú baseado exclusivamente en alimentos de orixe mariña. Terán a oportunidade de participar eles mesmos na preparación dos alimentos que van consumir e de asistir a un taller sobre nutrición mariña e interpretación de etiquetas impartido por un nutricionista.

A xornada completarase cun taller sobre vedas e tallas mínimas impartido por un responsable da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia e cunha actividade especial na que os nenos entrarán en contacto directo coas focas do acuario para darlles para comer.

PROGRAMA COMPLETO:
10:00-10:30. Recepción dos participantes
10:30-11:30. Taller para aprender a preparar peixe. Impartido por Teo Triana, Xefe de Cociña da Cantina de Ultramar.
11:30-12.30. Taller de nutrición. Valores nutricionais, control da dieta, ...
12:30-13:30. Taller de nutrición. Aprender a ler etiquetas, uso responsable dos alimentos de orixe mariña.
13.30-14:30. Taller sobre vedas e tallas mínimas. Impartido por un inspector da Consellería de Pesca, Xunta de Galicia.
14:30-15:30. Comida. O menú estará composto exclusivamente por produtos mariños e ofreceráselles toda a información nutricional, biolóxica e de consumo responsable sobre o que van comer.
15:30-16:30. Descanso
16:30- 18:30. Participación na subministración da comida ás focas do Aquarium.
18:30- 19:30. Cineclub. Proxección dunha película relacionada co tema e debate.
19:30. Fin do campamento.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións