jueves, 6 de marzo de 2008

galegoespañol

Semana do Cerebro

2008. O CEREBRO SEXUAL :· XORNADAS

>> Domus
Sala Leonardo da Vinci
Entrada libre. Aforamento limitado
Do 11 ao 13 de marzo de 2008

Xornadas organizadas pola Unidad de Neurociencia y Control Motor (Neurocom) da Universidade da Coruña en colaboración coa Domus.



A Domus celebra a Semana Internacional do Cerebro cunhas xornadas divulgativas, baixo o título xenérico de “O cerebro sexual”.


As xornadas comezarán o día 11 de marzo, martes, ás 19:30 horas, cunha conferencia sobre “Hormonas, sexo y cerebro”, a cargo de Luis Miguel García Segura, do Instituto Cajal de Madrid.

O mércores 12 de marzo, celebrarase un Taller de Neurociencia con actividades para todos os públicos de 10 a 14 horas, que inclúen quebracabezas e xogos de cores para os máis pequenos, ilusións visuais, así como experiencias de estimulación cerebral ou electroencefalogramas para os adultos.

As xornadas finalizarán o 13 de marzo, ás 19:30 horas, cunha mesa redonda titulada “Interacción social y el cerebro sexual”. Actuará como moderadora Loreto Silvoso, responsable de informativos de Radio Voz, e intervirán como relatores:
- Francisco Rubia, do Instituto Pluridisciplinar de la Universidad Complutense de Madrid, cuxa intervención será sobre “El sexo del cerebro”
- María Lameiras, da Universidade de Vigo, que falará “Del sexismo hostil al sexismo benevolente”.
- José Antonio Carrobles, da Universidad Autónoma de Madrid, que fará unha exposición sobre “Psicobiología del orgasmo”.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións