A AVENTURA DE OÍR :· EXPOSICIÓN TEMPORAL
Sala Severo Ochoa
25 abril—10 outubro 2008
FINALIZADA
Unha exposición realizada baixo os auspicios do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
Producida por:
VISITAS PARA PERSOAS XORDAS OU CON DIFICULTADES AUDITIVAS
Inclúe intérprete de lingua de signos.
Imprescindible reserva previa.
CAFÉS INAUDITOS
Coñece os segredos do oído e os coidados que necesita, charlando e tomando un café cos especialistas.
TALLERES ESCOLARES
O funcionamento do oído e experimentos participativos sobre o son, como complemento ao noso programa de visitas escolares.
TELÉFONO DE RESERVAS
Recepción de Domus: 981 189840
A Domus acolle unha exposición interactiva e divulgativa para coñecer todos os aspectos do sistema auditivo.
"Inaudito" propón diversas actividades e xogos para descubrir por que oímos, cal é o camiño que percorren as ondas sonoras ata chegar ao cerebro, de que modo entendemos as palabras e o importante que é para a nosa vida social gozar dunha boa audición.
>> Ver guía didactica
A exposición está organizada en catro ámbitos nos que se agrupan os módulos:
O mundo do son
Vivimos nun mundo onde os sons forman parte da nosa vida, dannos información, ofrécennos pracer, facilítannos a comunicación. Neste espazo preséntanse diversos módulos nos que se propón escoitar e identificar os diferentes sons que nos rodean.
A máquina do oído
O oído preséntase como unha máquina complexa capaz de diferenciar distintas frecuencias e de identificar a distancia e dirección dos sons; en definitiva, unha ferramenta básica para a vida social. Aquí pódese descubrir como funciona.
Túnel do silencio
A máquina do oído ás veces pode estragarse debido a diferentes causas, e entón a persoa non pode oír ben. Do mesmo xeito que a vista, a capacidade auditiva tende a diminuír conforme pasan os anos. Os módulos que contén este ámbito invitan a experimentar que significa non poder oír ben.
Que solucións existen?
Ante a perda de oído existen diferentes solucións que permiten recuperar o mundo dos sons; hai axudas auditivas adecuadas para cada persoa. Expóñense aquí algúns dos instrumentos que melloran a audición.
jueves, 24 de abril de 2008
galegoespañol
Inaudito
>> Domus
Publicado por
mc2
en
12:26
Etiquetas: domus, exposición, oído, son





