miércoles, 7 de mayo de 2008

galegoespañol

XIII Día da Ciencia na Rúa

2008

:· ROMERÍA CIENTÍFICA

CANDO E ONDE
Sábado 10 de maio de 2008
Parque de Santa Margarita. A Coruña
De 11 da mañá a 7 da tarde
Co patrocinio de:


PROGRAMA
Descarga o programa completo (PDF, 950 KB)

Identificación de pegadas e rastros de animais, observación ao microscopio de areas de diferentes partes do mundo, experiencias sobre bioconstrucción e enerxías renovables, lanzamento de foguetes de auga, disecciones de ollo e corazón de animais, exposición e demostración do funcionamento dun forno solar, ou actividades que descobren a ciencia que hai na cociña serán algunhas das propostas dos estudantes, procedentes de centros educativos da Coruña, Betanzos, Cambre, Oleiros, Culleredo, As Pontes, Sada, Ribadeo e Carballo.

Tamén participarán un total de 18 entidades e empresas, como a Agrupación Astronómica Ío, que disporá telescopios para a observación do ceo, a Asociación Galega de Axedrecistas, que celebrará partidas de xadrez xigante e un torneo de partidas rápidas, ou a Asociación Galega de Apicultura, que mostrará un enxame de abellas e un taller de velas.

No salón de actos da Casa das Ciencias presentarase ademais o espectáculo “A maxia da química”, con experiencias que sorprenderán ao público, ás 13 e 17:30 horas.

O Museo Nacional de Ciencia y Tecnología debutará no Día da Ciencia na Rúa cunha carpa na que presentará talleres participativos para descubrir como funcionan algúns dispositivos precursores do cine.

En colaboración coa Compañía de Tranvías, un autobús de uso gratuíto realizará un circuíto entre o Parque de Santa Margarita e o Castelo de San Antón, con paradas que conducen a outros centros participantes no Día da Ciencia na Rúa situados en diferentes puntos da cidade: a Casa das Ciencias, Meteorolóxico (Rolda de Nelle), Domus, Aquarium Finisterrae, Torre de Hércules e Oceanográfico.

Nos Museos Científicos Coruñeses, ademais da xornada de entrada gratuíta, en cada un dos centros celebraranse actividades especiais programadas para este día.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións