viernes, 27 de junio de 2008

galegoespañol

Farmacuáticos

A BOTICA DO MAR

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Humboldt
27 xuño 2008 — 3 novembro 2013
FINALIZADA

Unha exposición temporal producida polos Museos Científicos Coruñeses, coa participación especial de PharmaMar (Grupo Zeltia) e a asesoría científica de Fernando de la Calle e Santiago Bueno.


En febreiro de 2011 a exposición completouse coa Galería da UdC, que presenta dous proxectos de investigación sobre biomoléculas mariñas, realizados na Universidade da Coruña.

Tamén colaboraron:
Museo de Historia Natural Luis Iglesias da Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña

O Aquarium Finisterrae presenta “Farmacuáticos”, unha exposición sobre o mar como fonte de recursos para a investigación biosanitaria que alimenta a moderna industria farmacéutica. Para iso contouse coa destacada colaboración dunha empresa pioneira neste campo, como é PharmaMar.

Nos últimos vinte anos o mar converteuse na principal fonte de moléculas bioactivas. Mentres que só unha de cada 10.000 especies terrestres resulta útil para novos fármacos, no caso das especies mariñas esta relación é dunha cada 70.

>> Documento: "Farmacuáticos: Guía da exposición"
Un complemento didáctico da exposición, que enriquece a visita.

A exposición desenvolve os seus contidos a través de acuarios con peixes, esponxas, polbos, corais, ras e outras especies que conteñen sustancias de interese biosanitario, combinados con paneis, fotografías, acuarios, vitrinas e módulos interactivos que permiten coñecer as peculiaridades destes organismos, os produtos que proporcionan e os métodos de investigación.



Álbum de "Farmacuáticos" en flickr.com
Os módulos e acuarios distribúense en catro ámbitos:

Fundamentos biolóxicos da farmacopea
Explora cuestións como a biodiversidade mariña como recurso farmacéutico, a orixe natural dos medicamentos, ou os procesos para obter un principio activo. Estes contidos desenvólvense a través de xogos interactivos en pantallas táctiles, ou xogos de relación nos que se debe pulsar un botón para descubrir a información. Ademais, existe un espazo no que se expón un robot de exploración submarina e outros elementos tecnolóxicos.

Medicamentos chegados do mar
Uunha perspectiva histórica da investigación farmacológica mariña. Presenta xogos para descubrir, por exemplo, os pasos que deben darse para elaborar un medicamento como Yondelis, o novo anticanceríxeno desenvolvido por PharmaMar.

As especies mariñas de interese farmacéutico
Os acuarios con peixes, esponxas, moluscos e outras especies das que se obteñen sustancias de interese farmacéutico conforman unha parte principal da exposición. Entre eles están o polbo de aneis azuis do Pacífico, o peixe cofre, ascidias, ras e conos (un tipo de caracolas). Moitos destes organismos producen sustancias venenosas que lles protexen fronte aos seus potenciais inimigos, pero que serviron para desenvolver medicamentos.

O mar e a saúde. A rebotica
A relación do ser humano co mar como fonte de remedios. relación del ser humano con el mar como fuente de remedios medicinales. Expóñense mostras de algas, corais, cabaliños de mar e outras especies que se utilizaron como remedio para distintas afeccións, acompañadas dun xogo de ordenador para descubrir as curiosas aplicacións destes organismos.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións