martes, 19 de agosto de 2008

galegoespañol

Dinosauros 3D

XIGANTES DA PATAGONIA

:· CINEMA EN 3D
>> Domus
Sala Leonardo Da Vinci
Prezo: 4€
(2€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte)
Duración: 40 minutos

FINALIZADA
No cine da Domus hoxe temos...

Co patrocinio de:





Un cometa achégase á Terra, pero non hai ningún humano que poida apreciar as súas espectaculares calidades. Os dinosauros, que dominaron o planeta durante moitos millóns de anos, están a punto de ver chegar o seu final. Así comeza esta película en tres dimensións, na que teremos a sensación de que os dinosauros, saen da pantalla e se poden tocar, provocando máis dun sobresalto entre o público.

"Dinosaurios 3D" preséntanos un dos lugares nos que estes animais adquiriron unhas dimensións colosais: a Patagonia (Arxentina). E faino da man do científico Rodolfo Coria, que descubriu nesta terras unha ducia de especies novas de dinosauros, incluído o de maior tamaño coñecido: o Argentinosaurus huinculensis, un saurópodo cuadrúpedo de cola longa, de máis de 40 metros e 100 toneladas de peso.

>> Guía didáctica "Dinosauros. Xigantes da Patagonia"
ver (require Flash) | descargar (PDF, 4.2 MB)

Edición patrocinada por:




Hai 180 millóns de anos
...
A película recrea, partindo de datos científicos, a flora e a fauna da época na que viviron estes dinosauros xigantes. Veremos como se desprazaban, como se alimentaban, como criaban a súa prole e como se relacionaban con outras especies.

A Patagonia é un lugar especialmente identificado cos achados de fósiles de dinosauros, unha rexión na que viviron simultánemente o maior dinosauro carnívoro e o maior dinosauro herbívoro que existiron xamais. Pénsase que as razóns para que isto acontecese teñen que ver co feito de que o sur de América era naquela época, hai uns 180 millóns de anos, unha rexión illada do resto das terras emerxidas, xa que contiña extensas chairas con grande cantidade de alimento e un clima óptimo.


O sistema de proxección 3D

A distancia que separa os nosos ollos, uns cinco centímetros, determina que cada un reciba unha imaxe lixeiramente distinta. Con elas, o cerebro constrúe imaxes tridimensionais e non planas, como o fai unha cámara fotográfica. As lixeiras diferenzas que lle chegan de cada ollo serven para apreciar a profundidade do espazo e a distancia que nos separa dos obxectos.

Nunha película 3D dúas imaxes proxéctanse á vez sobre a pantalla. Os lentes separan cada unha das imaxes e deixa pasar só unha delas a cada ollo. Pero ademais, as dúas imaxes dun obxecto que se proxecta en primeiro plano están máis separadas que os obxectos máis distantes na pantalla. Isto permite que o cerebro entenda que hai obxectos que están máis preto e outros que están máis lonxe dunha forma máis acentuada que a habitual. Pode dicirse que este sistema de proxección leva ao extremo a nosa visión normal en tres dimensións.


Instalación e adaptación de contidos 3D realizada por:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións