viernes, 12 de septiembre de 2008

galegoespañol

Concerto de Aquófono

A MÚSICA DA AUGA

:· ACTUACIÓN MUSICAL

>> Aquarium Finisterrae

O dúo coruñés Parto (Patxi Varela e Luis Alberto Rodríguez) farán unha demostración co aquófono, un instrumento da súa invención que emprega auga para facer música.

Sala Nautilus
Data: 13 setembro 2008
Hora: 18:00—21:00
Precio: gratis
Aforo limitado: 80 persoas

+Con motivo deste concerto a entrada no Aquarium Finisterrae será gratuita desde as 17 horas.
+Como a sala Nautilus ten aforo limitado, faranse turnos para que escoiten o aquófono o maior número posible de persoas.




O dúo musical Parto, inventores do aquófono, darán o primeiro concerto na Coruña con este novo instrumento que saca música da auga. A demostración gratuita faráse no Nautilus, unha sala do Aquarium Finisterrae mergullada no mar e que recrea o gabinete do capitán Nemo.


O aquófono está inspirado na polirritmia da chuvia e foi deseñado para producir formas sonoras cambiantes, estreitamente vinculadas coa xeometría da natureza.

Parto está integrado polos percusionistas Patxi Varela Otero e Luis Alberto Rodríguez Legido. O dúo comezou a súa andaina en 1999 e no 2002 naceu o seu proxecto do aquófono, que definen como algo máis que un instrumento: «Unha escultura sonora portátil, un sistema infusor de gotas musicais e un laboratorio audiovisual de azar atendido».

Estes dous coruñeses veñen de facer unha demostración das posibilidades do seu invento na Expo de Zaragoza. O concerto no Aquarium Finisterrae enmárcase no certame Outonarte 08, que concentra unha grande variedade de actividades musicais, culturais e artísticas ao redor do mar.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións