miércoles, 22 de octubre de 2008

galegoespañol

Continentes Vivos

FAUNA ABRAIANTE :· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Domus
Sala Severo Ochoa
22 outubro 2008 - 21 febreiro 2009
FINALIZADA

PECHADA OS LUNS, para descanso e coidado dos animais.

Terrarios con 19 especies de animais vivos de 4 continentes:

Asia
- Gecko leopardo
- Dragón de auga
- Ras ventre de lume
- Tritóns de lume
- Bichos-pau de Vietnam

África
- Zonosauro
- Pitón bóla
- Tartaruga de terra
- Caracois xigantes
- Pandinus imperator

América
- Boa
- Falsa Coral
- Sapo cornudo
- Tarántula de aneis vermellos
- Bacilo de monte

Oceanía
- Ras arborícolas
- Dragóns barbudos
- Clamidosauro
- Insectos-codia de Australia

"Continentes Vivos" é unha exposición que invita a coñecer, respectar e protexer a biodiversidade do planeta no que vivimos. Para iso exhíbense as especies representativas da fauna de diferentes zonas do planeta.

Os grandes animais como leóns, tigres, elefantes, orangutáns ou gorilas acaparan o protagonismo nos zoolóxicos. Pero "Continentes vivos" reivindica a animais de menor tamaño que adoitan pasar máis inadvertidos, pero a existencia dos cales é necesaria para o equilibrio e a saúde dos ecosistemas dos que forman parte.



Os visitantes da Domus poderán descubrir así animais vivos tan exóticos e espectaculares como os lagartos acuáticos de Birmania, pitóns da India, insectos-pau de Vietnam, escorpións xigantes de África Central, escaravellos de Madagascar, arañas do Novo Mundo, ou ras arborícolas de Australia. E o percorrido pola exposición lembra o dos exploradores europeos que ían descubrindo especies novas que formaban a biodiversidade de Asia, África, América e Oceanía.

A exposición está constituída por un conxunto de terrarios climatizados nos que se aloxan exemplares seleccionados das máis vistosas especies de réptiles, anfibios, insectos, arácnidos e outros animais, e nos que se reproducen os seus ecosistemas.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións