viernes, 31 de octubre de 2008

galegoespañol

Durmindo con Tiburóns + Encontro co Mar

SEMANA DA CIENCIA 2008

:· APÚNTATE

Se tes entre 7 e 11 anos e só temes ao aburrimento.
Pasa unha noite de sábado no acuario: desde as 20:00 ata as 11:00 do día seguinte.

DATAS
15 e 22 de novembro de 2008

INSCRIPCIÓN
Chama ao 981 189842, do 3 ao 11 de novembro de 2008.
Para formalizar a participación os pais deberán entregar, en persoa e antes do 11 de novembro, a fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou o seu carné ou pasaporte.
En cada sesión poderán participar 20 rapaces como máximo.

PREZO
Gratis, grazas ao patrocinio Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, no marco da Semana da Ciencia.


Durante a Semana da Ciencia 2008 o Aquarium Finisterrae organiza unha nova edición de «Durmindo con Tiburóns», que esta vez é gratuita e está patrocinada pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

Os nenos que participen poderán durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus, ese lugar tan especial ambientado coma se fose o submarino do capitán Nemo e rodeado de mar por tódalas partes.

Tamén asistirán a proxeccións e participarán no taller "Encontro co Mar", dedicado a actividades relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía da exploración científica do océano.

Os rapaces deberán acudir á actividade con:
  • Ropa cómoda, deportiva.
  • Mochila ou similar.
  • Elementos de aseo persoal, toalla e chancletas.
  • Saco de dormir e esteira.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións