viernes, 31 de octubre de 2008

galegoespañol

Fish and Chips

SEMANA DA CIENCIA 2008

:· APÚNTATE

CANDO E ONDE
16 e 23 novembro 2008,
de 12:00 19:00 horas.
No Aquarium Finisterrae.

INSCRICIÓN
Desde o 3 de novembro, na secretaría do Aquarium
Chama ao 981 189842.
Prazas limitadas.

PREZO
Gratis, grazas ao patrocinio Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, no marco da Semana da Ciencia.

O Aquarium Finisterrae organiza durante a Semana da Ciencia 2008 campamentos para fomentar o consumo responsable dos produtos do mar dirixidos aos nenos de entre 10 e 13 anos. A actividade conta co patrocinio da Consellería de Innovación e Industría da Xunta de Galicia.

En cada campamento poderán participar ata 40 nenos, que realizarán actividades de 12 a 19:00 horas. Os participantes xantarán na Cantina de Ultramar do Aquarium cun menú baseado exclusivamente en alimentos de orixe mariña. Terán a oportunidade de participar eles mesmos na preparación dos alimentos que van consumir e asistir a un taller sobre nutrición mariña e interpretación de etiquetas impartido por un nutricionista.

A xornada completarase cun taller sobre vedas e talles mínimos impartido por un responsable da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, e cunha actividade especial na que os nenos entrarán en contacto directo coas focas do acuario para darlles de comer.

PROGRAMA COMPLETO:

Grupo A (20 nenos)
12:00. Recepción dos participantes
12:30-13:30. Taller de nutrición
13:30-14:30. Taller de talles mínimos
14:30-16:00. Comida
16:00-18:00. Comida das focas
18:00-19:00. Documental

Grupo B (20 nenos)
12:00. Recepción dos participantes
12.30-14:30. Comida das focas
14:30-16:00. Comida
16:00-17:00. Taller de nutrición
17:00-16:00. Taller de talles mínimos
18:00-19:00. Documental



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións