miércoles, 5 de noviembre de 2008

galegoespañol

«Ciencia sen palabras»

SEMANA DA CIENCIA 2008

:· TEATRO CIENTÍFICO

CANDO E ONDE
9 novembro 2008,
ás 12:00 horas na Domus
Duración: 45 minutos

PREZO
Gratis, grazas ao patrocinio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, no marco da Semana da Ciencia.

GRUPO 'ROTO E DESCOSIDO'
Guión orixinal:
Pío M. González
Adaptación dramática:
Carlos Godoy
Actores:
Carlos Godoy e Agustín Leirós

¿Pódese comunicar a ciencia sen falar? A Domus responde a este reto cunha representación teatral sen palabras e chea de experimentos científicos, desenvolvida polo grupo 'Roto e Descosido'.

«Ciencia sen palabras» procura transmitir a público de todas as idades o espírito e o traballo científico, mostrando que a ciencia pode ser divertida ainda que require estudo, esforzo e coñecemento.

A obra abrangue unha sucesión de experimentos científicos ou demostracións de algún concepto de ciencia que son realizados por dúas personaxes, un profesor científico con toga e birrete e o seu compañeiro, burlón, pasota e un pouco toupón.

«Ciencia sen palabras» non só é unha aposta por desvincular as explicacións e a transmisión da ciencia da linguaxe oral, senón por potenciar a capacidade de observación, da simple observación que nos leve a profundar na explicación científica do que estamos a ver.

E tamén pretende chegar a colectivos —coma o dos xordos— que non teñen as mesmas posibilidades de comunicación que o resto da sociedade.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións