lunes, 12 de enero de 2009

galegoespañol

Fotógrafos da Natureza

2009 :· EXPOSICIÓN TEMPORAL


>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
19 decembro 2008 - 2 agosto 2009
FINALIZADA

Gañadores e finalistas da 44ª edición de "Wildlife Photographer of the Year", o certame de fotografía de natureza máis importante do mundo: máis de 32.000 concursantes de 82 países, repartidos en 14 seccións.

Co patrocinio de:



Cada ano, miles de fotógrafos de todo o mundo —profesionais e afeccionados, nenos e adultos— participan no concurso Wildlife Photographer of the Year, que organizan a BBC e o Natural History Museum de Londres desde 1964.

E cada ano a sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae estrea en España unha selección das mellores fotografías do prestixioso concurso, incluíndo a gañadora absoluta: a imaxe dun leopardo da neve, unha especie aclimatada ás extremas temperaturas baixo cero das montañas de Asia central, e que rara vez é avistado.

Entre as fotos expostas está tamén a do fotógrafo español Carlos Virgili, gañadora na modalidade de "Natureza en Branco e Negro", unha medusa na que se resaltan as texturas e a beleza das formas. Hai ademais outras cinco fotografías de autores do noso país que foron finalistas, o que supón a maior representación española na final do concurso ata a data.

Beleza, dramatismo e diversidade da vida na Terra

"Leopardo das neves", de Steve Winter.

SHELL WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR. Todo o que rodea a este felino é fantasmagórico, converteuse nunha lenda; é o Santo Grial de biólogos, fotógrafos e naturalistas. A gran dedicación e perseveranza de Steve Winter foron as claves para que obtivese esta instantánea, o que foi recoñecido co premio absoluto do concurso.


"Sacrificio", de David Maitland.

PREMIO PLANETA TERRA. As fotografías desta sección recordan que a nosa Terra é única, e deben facernos reflexionar sobre a nosa interacción coa natureza e o que dependemos dela.


"Choque de Pigargos", de Antoni Kasprak.

COMPORTAMENTO ANIMAL. As imaxes desta categoría han de mostrar acción. Engloba tres apartados: Mamíferos, Aves, e Outros animais.


"Primeiro encontro", de Brian Skerry.

MUNDO SUBMARINO. Esta categoría resérvase aos animais ou plantas do mar e das augas continentais.


"Traveso", de Stefano Unterthiner.

RETRATOS DE ANIMAIS. Unha categoría na que se capta o carácter ou a esencia dun animal de forma orixinal e única.


"Medusa solar", de Carlos Virgili.

NATUREZA EN BRANCO E NEGRO. Prémiase nesta categoría imaxes de calquera ser vivo ou paisaxe que demostren o coñecemento e uso artístico do medio en branco e negro.


"Alborada polar", de Miguel Lasa.

VISIÓNS CREATIVAS DA NATUREZA. As fotografías desta categoría han de estar inspiradas na natureza, pero deben revelar novas e asombrosas formas de admirar a beleza dos seres vivos.



"Xogos no bebedoiro", de Catriona Parfitt.

NOVOS FOTÓGRAFOS DA NATUREZA
Inclúe un premio absoluto e as categorías de fotógrafos entre 11 e 14 anos, de 15 a 17 anos, e menores de 11 anos.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións