viernes, 27 de febrero de 2009

galegoespañol

Futuro Auga

APROVEITAMENTO SOSTIBLE DOS RECURSOS :· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Domus
Sala Severo Ochoa
27 febreiro - 19 abril 2009
FINALIZADA

Instalacións, paneis gráficos, audiovisuais, maquetas e interactivos, dende as orixes da auga, a súa presenza no planeta, a súa interrelación co ser humano, a súa desigual repartición entre os pobos, as ameazas que sofre, as posibles pautas de comportamento e uso responsable para que a súa durabilidade e calidade poidan manterse no futuro.

Unha exposición producida por:


“Futuro Auga" nace coa vocación de presentar ao público a problemática da auga dende unha visión global e obxectiva explicando que é e como se utiliza este ben tan indispensable para a humanidade, e hoxe tan ameazado polo cambio climático e as accións do ser humano, un irracional consumo e unha xestión inapropiada.



Percorrido expositivo
A exposición recibe o visitante cunha pequena fervenza, que dá paso ao resto dos módulos, distribuídos a través de seccións que abordan aspectos concretos da problemática da auga.

Planeta auga
O 72% da superficie do planeta Tierra é auga. De esta, o 97,2%, é auga salgada, formando os mares e océanos. Só o 2,8% do total das augas do planeta, é doce.

Ríos e lagos
Menos do 0,5% da auga doce do planeta está dispoñible en ríos, regueiros, lagos, humedales e lagoas. Neste espazo represéntanse os caudais dalgúns ríos mediante cubos, os tamaños dos cales son proporcionais a eses caudais. Así, o de maior tamaño é o que representa ao Amazonas, cun caudal de 219.000 m3/sg, fronte a un río menos caudaloso como é o Miño, con 340 m3/sg.

Somos auga
A auga é a compoñente principal no corpo humano, representando o 70% do peso corporal.

Ciclo natural da auga
Este espazo contén unha panel gráfico no que se representa o ciclo da auga na natureza. Ademais, esta sección presenta unha recreación dunha tormenta, cos sons, efectos de luz e demais aspectos que caracterizan a este fenómeno atmosférico.

Auga e vida
Neste apartado preséntase un audiovisual que fala sobre o papel da auga como parte integrante de todos os tecidos animais e vexetais, sendo necesaria como vehículo indispensable para o proceso das funcións orgánicas. Despois do osíxeno, a auga é o factor máis importante para a vida.

Os estados da auga
Mediante un panel gráfico explícase que a auga é a única substancia que existe no seu estado natural, e a temperaturas ordinarias, nos tres estados da materia: sólido (neve, xeo, sarabia, xeada), líquido (chuvia, orballo, ríos, lagos, mares, ) e gas (nubes, néboa, vapor de geysers).

Auga intervida
O ser humano interveu o ciclo da auga dende as súas orixes para o seu abastecemento e supervivencia. Mentres que a poboación mundial se cuadriplicou nun século, o consumo de auga multiplicouse por 9 e os consumos industriais por 40.

Auga Ameazada
Un audiovisual explica as principais ameazas para a auga como recurso natural. Son a contaminación, o esgotamento dos acuíferos, as perdas nos sistemas de condución, a deforestación e a desertización.

Auga insolidaria
Os visitantes poden aquí ver un audiovisual que fala sobre o dereito de todas as persoas a contar con auga suficiente, accesible, segura e aceptable para usos persoais e domésticos. Non obstante, unha cuarta parte da poboación mundial, é dicir máis de 1.500 millóns de persoas, que principalmente habitan os Países en Desenvolvemento, sofren escaseza severa de auga limpa.

Auga duradeira
Varios cilindros con auga ilustran actividades cotiás nas que consumimos auga, nuns casos con hábitos que supoñen un aforro e noutros, un derroche. Por exemplo, ducharse en lugar de darse un baño, aforra auga; lavar o coche con mangueira, supón un gasto de ata 400 litros.

Auga cativa
Un panel gráfico percorre os diferentes sistemas de captación, almacenamento e distribución da auga de que dispoñemos. Dende as presas e encoros, as plantas desaladoras ou os transvasamentos, á reutilización de augas residuais.

Solucións de futuro
A dispoñibilidade de auga por habitante é cada vez menor e considérase que nos próximos vinte anos se converterá nun elemento estratéxico de supervivencia. Os cidadáns afectados acaban emigrando en busca de alimentos e auga, tanto duns países a outros, coma dende as zonas rurais ás urbanas.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións