jueves, 12 de marzo de 2009

galegoespañol

Os luns con ciencia

MARZO—MAIO 2009

:· CICLO DE DIVULGACIÓN
Os luns na Domus, ás 20:00
A sala Leonardo da Vinci acolle este ciclo de actividades: conferencias, coloquios, presentacións, proxeccións de cine, etc.
Entrada libre e gratuita
Todas as actividades do ciclo son gratis, coa única limitación do aforo da sala: 120 persoas.

Os Museos Científicos Coruñeses presentan o ciclo de divulgación científica “Os luns con ciencia”. O obxectivo desta iniciativa, patrocinada por Caixanova, é contribuir a incorporar a ciencia á axenda cultural cotián.

Durante os tres meses que durará o ciclo, o público poderá asistir cada luns a actos de diversos formatos e temática; desde conferencias, proxeccións, debates, rematando en maio coa celebración dun seminario dedicado á cultura científica.

Co patrocinio de:



18 maio: «Soylent Green»
Cine en V.O.S.
Domus, 20:00

"Soylent Green" (1973) é unha película de ciencia-ficción sobre superpoboación e o esgotamento dos recursos naturais. Tamén coñecida en España polo título "Cuando el destino nos alcance", está baseada na novela de Harry Harrison "Make Room! Make Room!" (Fagan sitio! Fagan sitio!).

Dirección: Richard Fleischer
Guión: Stanley R. Greenberg, adaptación do libro de Harry Harrison
Reparto: Charlton Heston, Leigh Taylor-Young, Edward G. Robinson, Joseph Cotten
Duración: 97 minutos
Argumento: A superpoboación e o quentamento global levan ao mundo a un paro e unha pobreza xeneralizados, e a un esgotamento dos recursos naturais. No ano 2022 en Nova York hai 40 millóns de persoas. Carne, froita e verduras son un luxo; a maioría da poboación sobrevive a base de comida procesada como o novo 'soylent green', que é anunciado como un concentrado de plancton moi enerxético e saboroso.

Presenta a película Xurxo González, historiador da arte. Crítico de audiovisuais na revista Tempos Novos, colaborou con artigos en revistas como Cahiers du Cinéma-España en en xornais como Faro de Vigo. Asesor e analista audiovisual, documentalista e catalogador en arquivos audiovisuais de RTVE en Galicia.

Anteriormente, nos «Luns con ciencia»:
18/5/2009: Club de lectura científica, xuntanza.
11/5/2009: Darwin vs. Lamarck, tertulia científica.
4/5/2009: Homenaxe a Nóvoa Santos, tertulia científica.
27/4/2009: Como a física cambiou o mundo, proxección do documental "El Nuevo Universo".
20/4/2009: Evolución, innovación e resocialización, conferencia de Eudald Carbonell.
13/4/2009: Fórmulas estimulantes. Novos medios para divulgar matemáticas, presentación.
30/3/2009: Luces, cámara... Evolución!, zapping científico.
23/3/2009: A primavera, o sangue altera?, coloquio intercultural.
16/3/2009: Viaxe á Galicia profunda, presentación.
9/3/2009: El gozo intelectual, conferencia de Jorge Wagensberg.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións