lunes, 27 de abril de 2009

galegoespañol

Crebas

FOTOGRAFÍAS DE MANUEL SENDÓN

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Na entrada da sala Maremagnum
24 abril — 12 xullo 2009
FINALIZADA

Selección de 10 fotografías de obxectos que o mar trae á ribeira. En determinadas zonas da Costa da Morte estes obxectos reciben o nome de crebas.



O fotógrafo Manuel Sendón presenta no Aquarium Finisterrae unha colección de imaxes de obxectos que o mar achega á terra.

Ao redor das crebas tense producido na Costa da Morte un potente imaxinario, ao que esta serie intenta achegarse, a través da capacidade de suxestión das imaxes máis que á descripción.

Sendón comezou a fotografar as crebas despois de finalizar a serie serie Cuspindo a barlovento (sobre a traxedia do Prestige) no ano 2003, aínda que a maioría das presentadas nesta exposición foron realizadas no último ano.

Escoito e escoitei moitas historias fascinantes de obxectos traídos polo mar, unhas simpáticas e outras tráxicas...

Manuel Sendón


As súas obras fotográficas exhibíronse en centros de arte de Europa, EEUU e Latinoamérica. Tamén está presente nas coleccións do Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), Encontros da Imagen (Braga, Portugal), Museo Marugame Iría (Xapón), Colección Fotográfica Comunidad de Madrid e Centro de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela).

Manuel Sendón é licenciado en Matemáticas e doctor en Belas Artes. Profesor de Fotografía na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e responsable do Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo. Con Xosé Luis Suárez Canal dirixe o Centro de Estudos Fotográficos e son comisarios dun gran número de exposicións e editores das coleccións Album e Do Trinque.



Visitaches esta exposición?
Cóntanos as túas impresións:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións