DE GALILEO A DARWIN
:· PLANETARIO
Un programa de planetario sobre a revolucionaria idea que cambiou a nosa visión do cosmos. Aquí podes ver algunhas escenas:>> Casaciencias
Prezo: 2€ (1€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte)
Duración: 50 minutos
FINALIZADO
25 abril 2009 – 27 novembro 2011
«Evolución» é unha coproducción do Planetario de Pamplona, os Museos Científicos Coruñeses e o Museo de las Ciencias de Castilla-La Mancha, coa axuda da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología:


Prezo: 2€ (1€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte)
Duración: 50 minutos
FINALIZADO
25 abril 2009 – 27 novembro 2011
«Evolución» é unha coproducción do Planetario de Pamplona, os Museos Científicos Coruñeses e o Museo de las Ciencias de Castilla-La Mancha, coa axuda da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología:


«Evolución» é o primeiro programa de planetario creado especificamente para o novo sistema de proxección dixital da Casa das Ciencias, instalado a comezos de ano co patrocinio de Caixanova.
Este novo planetario dixital permite ver panoramas, ceos completos e vídeos a toda cúpula. Así, en «Evolución» poderemos:— Gozar dunha espectacular recreación do impacto dun enorme corpo sobre a Terra, que deu lugar á Lúa.
— Somerxernos nunha tormenta ou en grandes ondas do océano
— Viaxar ao lugar con maior concentración de telescopios de todo o mundo, o observatorio do Roque de los Muchachos na illa de La Palma.
«Evolución» é unha contribución ás dúas grandes celebracións científicas de 2009: o Ano Internacional da Astronomía e o Ano Darwin, enlazadas a través dun concepto como é o da evolución, clave tanto para a comprensión da vida coma da estrutura do universo.
O programa comeza cunha introdución na que realizamos unha viaxe polo espazo-tempo dende o momento primordial no que comezou todo, o Big Bang, ata os nosos días. A partir de aí, os contidos estrutúranse en catro partes principais:
- O Universo nun círculo
Os ciclos naturais, diurno e anual, fan que nos sintamos atrapados nun bucle infinito: é a idea contraria á de evolución.
- A evolución na Terra
A formación do Sistema Solar e unha breve historia da vida na Terra, baseada na química do carbono, un elemento que non existía cando naceu no Universo.
- Acerca do Universo
No observatorio do Roque de los Muchachos os grandes telescopios observan o universo e descubren as belas imaxes de nebulosas onde nacen estrelas, que tamén evolucionan e morren.
- A teoría de Darwin
Hai 400 anos Galileo fíxonos ver que non todo xira arredor da Terra, e hai 150 anos Darwin mostrou ao mundo que nin sequera a humanidade é o centro da vida.
:· MÁIS INFORMACIÓN





