viernes, 17 de abril de 2009

galegoespañol

Obras no Aquarium Finisterrae


Ver Obras no Aquarium Finisterrae en un mapa más grande
16/6/2010: Reaberta a Terraza Norte

A Terraza Norte do Aquarium Finisterrae permaneceu pechada desde o 17 de abril de 2009, debido as obras da nova estación de efluentes.

Nesta zona, marcada en vermello no mapa, están a áncora do Mar Exeo, a ponte de mando do barco María do Carme e unha exposición de artes de pesca.

Lamentamos as molestias que estas obras podan ter causado ao público e ás empresas colaboradoras.

17/8/2009: Reaberta a sala Nautilus

O peche temporal desta emblemática sala do acuario coruñés debeuse ás obras de construción dunha estación de tratamento de efluentes, que aínda mantén pechada a terraza norte deste centro.

Reaberto o Nautilus, vólvese a aplicar aos visitantes a entrada de tarifa normal.

A obra que se está a realizar supoñerá dotar ao Aquarium Finisterrae dunha infraestrutura única entre os acuarios españois, e implicará aumentar moi significativamente a calidade ambiental deste centro.

Ademais, aproveitarase para construír unha nova sala de corentena nas inmediacións do Nautilus cunha galería que permitirá aos visitantes ver o seu contido.

A construción desta estación de tratamento de efluentes é posible grazas ao Plan Español para el Estímulo de la Economía y Empleo, Fondo de Inversión Local, cunha dotación de 1.607.412 euros.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións