viernes, 22 de mayo de 2009

galegoespañol

Bine cumpre 24 anos

A foca anciá do Aquarium Finisterrae

:· FESTA

>> Aquarium Finisterrae
24 maio 2009

10 — 11:30 da mañá
O Aquarium Finisterae invita a todas as persoas nacidas no ano 1.985 a un almorzo na Cantina de Ultramar do Aquarium. Deben aceditar a súa idade co DNI.

12 do mediodía
Visita a Bine durante o seu almorzo e conversa cos seus coidadores e cos monitores sobre a vida privada da foca máis vella do Aquarium.


O domingo 24 de maio o Aquarium Finisterrae celebra o vixésimo cuarto aniversario de Bine, a foca de maior idade das que viven nas súas instalacións.

Bine chegou ao acuario o 17 de xullo de 2000 procedente do zoo de Bremerhaven, en Alemania, e o seu aniversario celébrase ao grande porque 24 anos son moitos para unha foca. Equivalen aos 75 anos dun ser humano. Por iso Bine padece achaques propios da terceira idade: ten cataratas e artrosis, para a que recibe tratamento cun rexenerador de cartílago.



Consulta o número 21 do Diario de a bordo (PDF, 47 KB) do Aquarium Finisterrae, que daba conta da chegada de Bine e outros tres exemplares de foca común (Phoca vitulina) do Atlántico oriental.

Agarimo
As focas son uns dos "animais estrela" do acuario. Moi queridas polo público, reciben unha grande atención da veterinaria, técnicos, monitores e coidadores. Os seres humanos sentímos próximos a estes animais de fascinantes características e establecemos con eles vínculos emocionais.

Conservación
Tamén teñen un papel fundamental nos ecosistemas dos océanos. Quizais por iso, os mamíferos mariños en xeral, e ás focas en particular, foron obxecto de numerosas campañas científicas e de conservación, incluso con éxitos políticos: o Parlamento Europeo vén de comprometerse a prohibir o comercio de produtos derivados das focas na Unión Europea.

A presenza de Bine no Aquarium Finisterrae é un símbolo da paixón pola conservación dos mamíferos mariños que intentamos transmitir aos nosos visitantes.



Participaches nesta actividade?
Cóntanos as túas impresións:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións