miércoles, 13 de mayo de 2009

galegoespañol

E despois foi... a forma!

UNHA OLLADA XEOMÉTRICA SOBRE A EVOLUCIÓN

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
>> Domus
Sala Severo Ochoa
14 maio - 13 setembro 2009
FINALIZADA

VISITAS GUIADAS: venres, sábado e domingo, ás 12.30, 17.30 e 18.30

E despois foi... a forma! explora a orixe e o éxito de oito formas moi frecuentes na natureza: esfera, onda, ángulo, hexágono, fractal, parábola, hélice e espiral.

Unha colección de máis de 200 pezas procedentes de todo o mundo ilustran esas oito formas. Os módulos interactivos ensinan a relacionar a forma dun ser vivo ou un obxecto coa súa eficacia para realizar unha función.

Unha exposición producida por:
Por que algunhas formas da natureza son máis frecuentes que outras? Que teñen en común un planeta e unha burburja de cava? "E despois foi... a forma!" propón unha nova mirada ao mundo que nos rodea, para investigar como nace e como triunfa unha forma.

>> Guía didáctica "E despois foi... a forma!"
ver (require Flash) | descargar (PDF, 2.3 MB)


A exposición arrinca cunha colección de tres tipos de obxectos que vemos na natureza: espontáneos (debidos ao azar e ás leis da física), vivos (resultado da selección natural) e intelixentes (deseñados ou seleccionados polo home).

Percorrido expositivo
O ámbito principal preséntanos 8 formas moi habituais, mediante obxectos e dispositivos execpcionales, acompañados de experimentos que nos permiten comprobar as FUNCIÓNS PRINCIPAIS desas formas:

Esfera
INTIMA porque é o xeito de pechar un volume utilizando a mínima superficie. Cando todas as direccións do espazo son equivalentes, a forma máis probable é a simetría esférica.

Onda
MOVE E COMUNICA. É o procedemento máis simple para mover un material dentro dun fluído. Moitos animais desprázanse de forma ondulante.

Ángulo
PENETRA E CONCENTRA. Se aplicamos unha forza sobre un obxecto angular, por exemplo un cono, esta forza concéntrase no extremo.

Hexágono
PAVIMENTA. Cando se estreita un conxunto de círculos, esferas ou cilindros para aforrar espazo, o resultado é un conxunto de hexágonos.

Fractal
INTIMA porque tende a encher o espazo con continuidade, sen interrupcións. As formas fractais son aquelas que se repiten a si mesmas en escalas progresivamente pequenas.

Parábola
CONCENTRA porque todo tipo de recta (raio, onda, sinal, ...) que chega paralela ao seu eixo, reflíctese na curva da parábola pasando por un mesmo punto: o foco.

Hélice
AGARRA. A forza de tracción que se debe aplicar para vencer a fricción entre un elemento helicoidal e outro corpo aumenta de xeito exponencial co número de voltas.

Espiral
EMPAQUETA. Por iso é un bo xeito de crecer sen ocupar moito espazo.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións