jueves, 16 de julio de 2009

galegoespañol

Ciencia Ex Aequo

CADROS DE MARGARITA CIMADEVILA

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Na entrada da sala Maremagnum
16 xullo — 10 octubre 2009
FINALIZADA

Unha visión artística do traballo de doce mulleres científicas: Lise Meitner, Ida Tacke, Annie Cannon, Cecilia Payne, Chien-Shiung Wu, Marguerite Perey, Emmy Noether, Rosalind Franklin, Jocelyn Bell, Nettie Stevens, Henrietta Leavitt e Inge Lehmann.

A fonte de inspiración de Margarita Cimadevila foi o feito científico sobre o que esas mulleres traballaron. Así, aínda que todos os cadros tratan de ciencia, tocan temáticas tan diferentes como poden ser a fusión nuclear, o ADN ou os púlsares, que quedan plasmadas en doce lenzos (1 x 1 m. Técnica mixta) acompañados dunha breve explicación científica e unha nota biográfica.

Descarga o dosier da exposición
(PDF, 226 KB)

A pintora Margarita Cimadevila presenta no Aquarium Finisterrae unha colección de cadros sobre o traballo de 12 grandes científicas.

Ciencia EX AEQUO réndelles homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de realizaren un magnífico labor e mereceren recoñecemento polo seu traballo, foron ignoradas, esquecidas ou relegadas a un segundo plano a favor dos seus superiores, colegas, competidores... que en moitos casos non tiveron reparo en atribuírse os seus traballos.

Ao longo da historia as mulleres que traballaron no campo da ciencia tiveron que superar todo tipo de obstáculos e inconvenientes para poder estudar e investigar, na maior parte dos casos nunhas condicións lamentables, ademais de recibir un salario ridículo ou inexistente.

Sempre nos preguntaremos: Onde terían chegado se as súas condicións laborais tivesen sido outras?

Margarita Cimadevila


Previamente ao traballo artístico, realizouse unha investigación sobre persoas que sufriron esa discriminación e, dado o número de casos encontrados, decidiuse facer unha selección centrada no século pasado e nos campos da física, química, bioloxía, matemáticas e astronomía, que se concretou en doce científicas.

Margarita Cimadevila (Sada, A Coruña) licenciouse en Ciencias Químicas. É profesora e dirixe o IES Urbano Lugrís da Coruña. A súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra.

Tra-la súa participación na escola de profesores do laboratorio europeo de investigación nuclear (CERN) en Xenebra, a súa obra céntrase en unir os seus dous mundos, presentando unha proposta na que Ciencia e Arte se mesturan e entrelazan, cun carácter artístico, divulgativo e didáctico.



Visitaches esta exposición?
Cóntanos as túas impresións:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións