viernes, 7 de agosto de 2009

galegoespañol

Perseidas 2009

CHUVIA DE ESTRELAS

:· PLANETARIO EN DIRECTO
>> Casaciencias
Sesión especial de planetario en directo: consellos para observar a chuvia de estrelas, historias e lendas, explicación do fenómeno astronómico.
Datas: 8 — 14 agosto 2009
Hora: 19.30
Duración: 1 hora aprox.
Prezo: 2€ (1€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte)
As estrelas fugaces acoden á súa cita anual co ceo de verán e o Planetario mostra as claves para poder observalas. Este ano é unha gran ocasión para ver as Perseidas, se as nubes non a estropean.

Cada ano por estas datas os afeccionados á astronomía teñen un encontro ineludible coa choiva de estrelas fugaces das Perseidas, chamadas así porque parecen xurdir da constelación de Perseo, que sae polo horizonte NE cara á media noite.

No 2009 o pico de maior intensidade, con ducias de meteoros por hora, terá lugar durante a noite do 11 ao 12 de agosto, aínda que o brillo da Lúa pode dificultar a súa observación ata ben entrada a madrugada.


O mellor modo para observalas é a simple vista, nun lugar relativamente escuro, lonxe das luces da cidade, e mirando cara a nordés entre as 3 e as 5 da madrugada.

O efecto da Lúa será similar ao das luces da cidade, restándolle escuridade ao ceo e, xa que logo, impedíndonos ver as estrelas fugaces menos brillantes. Aínda así, as Perseidas sempre garanten a visión dalgún bólido, estrelas fugaces especialmente brillantes que poden chegar a deixar no ceo un ronsel durante varios segundos. E se a noite do 11 ao 12 hai nubes, hai máis ocasións para desfrutar das Perseidas, pois nos días inmediatamente anteriores e posteriores xa se poden apreciar moitas máis estrelas fugaces do normal.

Lendas no ceo
Antigamente as Perseidas asociábanse con catástrofes ou lendas sobre diaños expulsados do ceo. Hoxe sabemos que as estrelas fugaces só son fragmentos de materia cuxo tamaño oscila entre o de grans de area e motas de po.

Cada ano por estas datas a Terra atopa no seu camiño ao redor do Sol os restos da cola do cometa Swift-Tuttle, descuberto en 1862 e que volveu pasar pola mesma zona no 1992. A medida que estas pequenas partículas penetran na atmosfera terrestre a gran velocidade, o aire ao longo da súa traxectoria vólvese incandescente, deixando rastros que poden permanecer no ceo durante varios segundos. A medida que estas pequenas partículas penetran na atmosfera terrestre a gran velocidade, o aire ao longo da súa traxectoria vólvese incandescente, deixando rastros que poden permanecer no ceo durante varios segundos.

As Perseidas tamén son coñececidas como as bágoas de San Lourenzo, xa que o seu máximo adoita producirse ao redor do día 10 de agosto, en que se celebra o martirio do santo (que foi asado á grella polos romanos).

:· PARA SABER MÁIS
Diez datos sobre la lluvia de estrellas de las Perseidas | AstroSETI.org
Sabías que as estrelas fugaces non son estrelas?
Meteors | Sky & Telescope
Completas reportaxes sobre as Perseidas e outras chuvias de estrelas.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións