miércoles, 16 de septiembre de 2009

galegoespañol

Monstros mariños 3D

UNHA AVENTURA PREHISTÓRICA

:· CINEMA EN 3D
>> Domus
Sala Leonardo Da Vinci
Prezo: 4€
(2€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte)
1€ para visitas escolares con desconto
Duración: 40 minutos

FINALIZADA
No cine da Domus hoxe temos...

Co patrocinio de:



Durante o Cretácico, hai 80 millóns de anos, a Terra era moi diferente a como a coñecemos agora. O clima era máis cálido, os niveis do mar eran máis elevados e moito do que hoxe é terra firme estaba mergullada. Neste escenario, os réptiles mariños tiveron o seu esplendor. Descobre aos incribles animais que dominaron os oceános mentres os dinosauros reinaban na terra.



Monstros mariños presenta este mundo a través de espectaculares e realistas animacións tridimensionais, baseadas nos coñecementos obtidos dos achados paleontolóxicos. Co aval científico de National Geographic, este documental en 3D nos somerxe no mundo dos réptiles acuáticos que viviron na era dos dinosauros. Unha viaxe submarina polos océanos máis perigosos de todos os tempos.

Ver álbum "Monstros mariños 3D"


Depredadores de película

A película vai presentando aos habitantes daqueles mares da man dunha familia de Dolichorhynchops, uns réptiles pouco máis grandes que os delfíns e nadadores moi veloces, mentres atravesan as antigas augas poboadas de tiburóns prehistóricos, luras xigantes e peixes de afiados dentes. Na súa viaxe encóntranse con outras extraordinarias criaturas: os Platecarpus, que tragaban as súas presas enteiras; os Styxosaurus, cuxos pescozos alcanzaban 6 metros de lonxitude e as súas aletas o tamaño dun humano adulto; e no cumio da cadea trófica, o monstruoso Tylosaurus, un depredador que non tiña rival.

A medida que se foron extinguindo, os seus esqueletos depositáronse en zonas que, debido aos procesos xeolóxicos, agora están secas e a moitos metros sobre o nivel do mar. Un dos aspectos máis interesantes de Monstros mariños é que descobre os espectadores o traballo dos paleontólogos e como descifran, a partir dos restos fósiles, a forma de vida destes animais, o seu aspecto e as relacións con outros seres.

Por exemplo, como saben o que comían os antigos tiburóns ou por quen eran perseguidos? A forma das mandíbulas e os dentes dan algunhas pistas, e en ocasións dáse a afortunada circunstancia de encontrar restos dunha especie no interior doutra. De feito, encontrouse un peixe de case dous metros dentro doutro de 5 metros.


O sistema de proxección 3D

A distancia que separa os nosos ollos, uns cinco centímetros, determina que cada un reciba unha imaxe lixeiramente distinta. Con elas, o cerebro constrúe imaxes tridimensionais e non planas, como o fai unha cámara fotográfica. As lixeiras diferenzas que lle chegan de cada ollo serven para apreciar a profundidade do espazo e a distancia que nos separa dos obxectos.

Nunha película 3D dúas imaxes proxéctanse á vez sobre a pantalla. Os lentes separan cada unha das imaxes e deixa pasar só unha delas a cada ollo. Pero ademais, as dúas imaxes dun obxecto que se proxecta en primeiro plano están máis separadas que os obxectos máis distantes na pantalla. Isto permite que o cerebro entenda que hai obxectos que están máis preto e outros que están máis lonxe dunha forma máis acentuada que a habitual. Pode dicirse que este sistema de proxección leva ao extremo a nosa visión normal en tres dimensións.


Instalación e adaptación de contidos 3D realizada por:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións