sábado, 19 de septiembre de 2009

galegoespañol

World Press Photo

2009

:· EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

>> Domus
Sala Severo Ochoa
20 SETEMBRO - 11 OUTUBRO 2009
FINALIZADA

Gañadores da 52ª edición de "World Press Photo", o certame de fotografía de prensa máis importante do mundo: no 2008 concursaron máis de 96.000 fotografías, feitas por fotoxornalistas procedentes de 124 países.

Coa colaboración e o patrocinio de:



Domus acolle a estrea na Península Ibérica de "World Press Photo 2009", o mellor retrato posible da humanidade neste momento.

A exposición, que estará na Domus durante tres semanas, recolle as mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo, premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa.



A gañadora desta edición é unha instantánea en branco e negro realizada polo norteamericano Anthony Suau. Mostra a un oficial armado rexistrando unha casa en Cleveland (EE.UU), como parte do protocolo de desafiuzamento dunha familia que non puido pagar a hipoteca. Os axentes deben asegurarse de que na casa non hai armas de fogo e de que os seus residentes marcharon.

Os efectos da crise económica mundial, as guerras en África e en Xeorxia, o terremoto de Sichuan (China) de 2008 e os Xogos Olímpicos de Pekín son algúns dos acontecementos reflexados nesta exposición, que tamén nos descobre conflictos que pasan máis desapercibidos nas noticias.

Os galardoados, cuxos traballos compoñen a exposición, foron 62 fotógrafos de 27 países. Entre eles está o fotógrafo español Pep Bonet, que obtivo o 2º premio na categoría de Retratos.

En worldpressphoto.org podes ver unha galería das fotos da exposición, premiadas nas 10 categorías do concurso:
* Noticias de actualidade
* Temas de actualidade
* Personaxes de actualidade
* Deportes e fotografías de acción
* Reportaxes de deportes
* Temas contemporáneos
* Vida cotiá
* Retratos
* Arte e entretemento
* Natureza



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións