jueves, 8 de octubre de 2009

galegoespañol

Taller: Creatividade e Ciencia

2009

:· APÚNTATE
CANDO E ONDE
30 outubro, 11:00-14:00 e 16:30-20:30
31 outubro, 11:00-14:00
Aquarium Finisterrae [como chegar?]

INSCRICIÓN
25 prazas. Cubriránse por orde de solicitude no teléfono 981 189842.
Desde o 8 de outubro de 2009.

Solicitado o recoñecemento
de 1 crédito de libre configuración pola Universidade da Coruña

PREZO
Actividade gratuita, grazas a unha axuda Diverciencia 2009 da Consellería de Economía e Industria, Dirección Xeral de I+D+i





Coñece as receitas dos científicos para innovar no laboratorio. Destacados investigadores comparten co público os seus métodos no taller "Creatividade e Ciencia", organizado polos Museos Científicos Coruñeses, en colaboración coa Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña.

A parte principal estará dedicada a expoñer cales son os compoñentes creativos da actividade científica dende a perspectiva da propia experiencia. Contarase aquí coa intervención de de Angel Carracedo Álvarez, director do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela; Manuel Sánchez Salorio, catedrático de oftalmoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; Xurxo Mariño, profesor da Universidade da Coruña; e Luis Sarandeses da Costa, catedrático de Química Orgánica da Universidade da Coruña.

Ademáis, haberá dúas charlas sobre a psicoloxía da creatividade científica e sobre a creatividade como elemento central do ser humano. Serán impartidas por Manuela Romo Santos, do departamento de Psicoloxía Básica da Universidade Autónoma de Madrid, e Joaquín Fernández Pérez, catedrático de Bioloxía celular da Universidade Complutense de Madrid.

Taller: "Creatividade e ciencia"

O xeito convencional con que os científicos trasladan o seu labor á sociedade, e entre eles mesmos, dificulta ou oscurece aspectos importantes deste. Algúns gardan relación coa creatividade que imprimen ao quefacer cotián. Esa “cociña da investigación” debe divulgarse como xeito de estimular disposicións innovadoras entre os colegas e animar a potenciais investigadores. Iso favorecería a valoración da innovación, elemento básico nun mundo en cambio. Asemade, permitiría unha comunicación intercultural, fuxindo de distancias entre a creación artística e científica. Nese sentido, resultará moi valiosa a contribución procedente do mundo da creación artística.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións