miércoles, 28 de octubre de 2009

galegoespañol

Curso de Iniciación á Astronomía

OUTONO 2009

:· APÚNTATE
CANDO E ONDE
24—27 novembro 2009,
de 19:30 a 21:30 horas.
No Planetario da Casa das Ciencias.

INSCRIPCIÓN
Na Secretaría da Casa das Ciencias, teléfono 981 189844
PRAZAS ESGOTADAS

PRECIO
40 euros
Inclúe a matrícula no curso, materiais e a Tarxeta 20, que dá un ano de acceso aos Museos Científicos Coruñeses.

20 euros
Tarifa reducida para membros da Asociación de Amigos de Casa das Ciencias, da Agrupación Astronómica Io, menores de 14, maiores de 65 e Carné Xove.

O Planetario de Casa das Ciencias organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Agrupación Astronómica Io, un curso de iniciación á astronomía.

En plena celebración do Ano Internacional da Astronomía, este curso práctico diríxese a persoas sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a simple vista. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e interpretar os seus movementos no firmamento.

Tamén se mostrará o uso de prismáticos e pequenos telescopios para descubrir obxectos celestes espectaculares, sen esquecer unha referencia aos últimos achados científicos sobre o Universo. Se as condicións permíteno, o último día do cursiño realizarase unha saída nocturna para ver o firmamento.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións