lunes, 23 de noviembre de 2009

galegoespañol

Día Darwin

24/11/2009

:· 15O ANIVERSARIO
24 novembro, ás 20:00
Na Domus, Sala Leonardo Da Vinci
Entrada libre e gratuita
Aforo limitado: 120 persoas.

O 24 de novembro cúmprense 150 anos da publicación dun dos libros máis importantes da historia da humanidade, "A orixe das especies", de Charles Darwin, e os Museos Científicos Coruñeses queren celebrar a data dun xeito singular.

Para iso programáronse dous actos na Domus, que comezarán ás 20 horas:

- A estrea dunha peza de teatro realizada especificamente para este evento pola compañía teatral CasaHamlet. A peza, titulada "Encontro no xardín", fai referencia a Alfred Wallace, o amigo de Darwin e investigador da evolución das especies.

- A conferencia "Como a xenética nos conta a historia das poboacións humanas", a cargo de Dr. Antonio Salas Ellacuriaga, investigador do Instituto de Medicina Legal, Universidade de Santiago de Compostela.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións