lunes, 30 de noviembre de 2009

galegoespañol

Durmindo con tiburóns

NADAL 2009

:· APÚNTATE
Se tes entre 7 e 11 anos e só temes ao aburrimento.
Pasa unha noite no acuario: desde as 20:00 ata as 11:00 do día seguinte.

DATAS
26, 27, 28, 29, 30 decembro 2009
2, 3 xaneiro 2010

INSCRIPCIÓN
A inscrición realizaráse por riguroso orde de chamada ao teléfono
981 189842, de 8:00 a 15:00
O prazo de inscrición comeza o
1 de decembro de 2009
PRAZAS ESGOTADAS

Para formalizar a participación os pais deberán entregar en persoa a fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou o seu carné ou pasaporte.
En cada sesión poderán participar 20 rapaces como máximo.

PREZO
50 €
(40€ para socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta 20).


Durante as vacacións escolares de Nadal o Aquarium Finisterrae organiza unha nova edición de «Durmindo con Tiburóns».

Os nenos partiparán nun taller sobre consumo sostible de peixe e marisco, actividade incluída na campaña europea "Elixe o peixe correcto", e realizarán experimentos sobre os dentes e os sentidos dos tiburóns.

Rematarán a xornada durmindo rodeados de peixes na Sala Nautilus, ese lugar tan especial ambientado coma se fose o submarino do capitán Nemo e rodeado de mar por todas partes.

Os rapaces deberán acudir á actividade con:
  • Roupa cómoda e deportiva.
  • Mochila ou similar.
  • Elementos de aseo persoal, toalla e chancletas.
  • Saco de dormir e esteira.


Álbum de fotos dos participantes nesta edición de "Durmindo con Tiburóns":



 

© 2016, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións