miércoles, 30 de diciembre de 2009

galegoespañol

Illas de Cabo Verde

A PRIMEIRA ESCALA DO BEAGLE

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
>> Domus
Sala Severo Ochoa
29 decembro 2009 - 7 marzo 2010
FINALIZADA

Illas de Cabo Verde: A primeira escala do Beagle explora as illas de Cabo Verde como laboratorios naturais de evolución e diversificación biolóxica, revivindo ás expedicións científicas para estudar os exclusivos moluscos mariños deste arquipiélago do noroeste africán.

Un percorrido a través de paneis gráficos, vídeos, vitrinas con exemplares dos moluscos e un xogo didáctico interactivo.

Unha exposición producida polo Museo de Historia Natural "Luis Iglesias", da Universidade de Santiago de Compostela.
A viaxe de Charles Darwin no Beagle tivo unha primeira parada no arquipiélago de Cabo Verde, unhas illas de orixe volcánica que resultaron ser un laboratorio natural para coñecer a evolución dos moluscos mariños.

Ao igual que noutras illas oceánicas de orixe volcánica, foi pouco despois da súa formación cando, de xeito fortuito, chegaron ás illas de Cabo Verde os primeiros moluscos mariños. Procedían das costas de África e doutras zonas máis afastadas.

Co paso do tempo estas poboacións de moluscos mariños foron evolucionando ata orixinar novas species exclusivas destas illas. As erupcións volcánicas causaron drásticas reducións no tamaño dalgunhas poboacións. Os individuos sobrevivintes continuaron evolucionando, xerando novas poboacións, de maneira semellante ao que sucedera cando se formaron as illas.

Como consecuencia destes procesos e das características propias das illas de Cabo Verde, na actualidade existe unha elevada variedade de moluscos exclusivos. Por iso este arquipélago continúa a ser un laboratorio natural para coñecer a evolución dos moluscos mariños. E por iso Cabo Verde recibiu a visita de numerosas expedicións científicas.

Unha desas expedicións foi a do H.M.S. Beagle, o barco no que Charles Darwin fixo a súa viaxe de descubrimento científico. Entre o 16 de xaneiro e o 7 de febreiro de 1832 fixo escala nas Illas de Cabo Verde, onde estudou e recolleu mostras de animais, plantas e rochas, e fixo importantes descubrimentos, como a observación, nun acantilado, dun estrato de cunchas mariñas a uns 13 metros sobre o nivel do mar que o levou a desenvolver a súa propia teoría da elevación dos continentes.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións