viernes, 4 de diciembre de 2009

galegoespañol

O asombro de Mr. Darwin

UNHA VIAXE INTERACTIVA CARA A EVOLUCIÓN

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Casa das Ciencias
Segunda planta

«O asombro de Mr. Darwin» ten 11 unidades expositivas distribuidas en 6 ámbitos: educación científica e sentimental, a viaxe do Beagle, a construción dunha teoría revolucionaria, unha explicación sorprendente, o darwinismo conmocionou ao mundo, e mitos e incógnitas sobre a evolución.

A exposición ten reproduccións a escala real de animais e fósiles descubertos por Darwin, vitrinas con curiosas coleccións, xogos interactivos e moita información complementaria en paneis gráficos e pantallas táctiles.

O equipo dos Museos Científicos Coruñeses é autor do guión da exposición así como da súa producción.

Para celebrar o 150 aniversario da publicación do seu libro “A orixe das especies” (24 de novembro), os Museos Científicos Coruñeses presentan unha exposición coa que culminan as actividades do Ano Darwin.


>> Ver o album O asombro de Mr. Darwin

A mostra pretende trasladar ao público o labor do protagonista dun descubrimento científico que transformou a nosa forma de comprender o mundo: a teoría da evolución biolóxica por medio da selección natural, que Darwin detallou no seu famoso libro “A orixe das especies” (1859).

O asombro de Darwin é o dun mozo atraído polo coñecemento e goce da natureza e fascinado polo que observa na súa singular viaxe. Tamén é o do home que constrúe unha teoría revolucionaria, conmovido pola consciencia da súa transcendencia e impacto.

Un asombro intelixente que vai parello coa estrita aplicación dunha metodoloxía científica, mostrando, así mesmo, o aspecto creativo da ciencia. Un estimulante camiño de preguntas e respostas, no que Darwin percorreu un bo treito.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións