lunes, 18 de enero de 2010

galegoespañol

II ciclo «Os luns con ciencia»

XANEIRO—ABRIL 2010

:· CICLO DE DIVULGACIÓN
Os luns na Domus, ás 20:00
A sala Leonardo da Vinci acolle este ciclo de conferencias e coloquios.

Entrada libre e gratuita
Todas as actividades do ciclo son gratis, coa única limitación do aforo da sala: 120 persoas.

Os Museos Científicos Coruñeses presentan a segunda edición do ciclo de divulgación científica “Os luns con ciencia”. O obxectivo desta iniciativa, patrocinada por Caixanova, é contribuir a incorporar a ciencia á axenda cultural cotián.

ALTERNATIVAS ENERXÉTICAS E BIODIVERSIDADE
Desde o 18 de xaneiro ata o 19 de abril de 2010, destacados expertos farán na Domus un repaso das diferentes alternativas enerxéticas, incidindo nos aspectos que máis preocupan á sociedade, como é o seu efecto sobre a conservación da biodiversidade.


Co patrocinio de:


E coa colaboración do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Universidade da Coruña) e o Centro Ocenográfico da Coruña (IEO).


Luns 22 marzo: «O estado da conservación da biodiversidade en Galicia»
CANCELADA
Conferencia
Domus, 20:00
Pablo Ramil, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, da Universidade de Santiago de Compostela

Pablo Ramil dirixiu o primeiro inventario das brañas de Galicia, a cartografía dixital a escala de detalle dos tipos de hábitats presentes na Rede Natura 2000 de Galicia.

No ámbito da xestión o seu equipo realizou diversos Plans Xerais de Ordenación Municipal, Plans de Desenvolvemento, Plans de Ordenación dos Recursos Naturais, Plans Reitores de Uso e Xestión, Plans de Xestión de Especies Ameazadas, e está a redactar actualmente o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.














Programa do II ciclo «Os luns con ciencia»:
18 de xaneiro: “Facemos todos como os franceses? O espellismo nuclear”
Marcel Coderch, doutor en Enxeñería Eléctrica e Informática polo Instituto Tecnológico de Massachusetts (MIT).

25 de xaneiro: “AHORA, unha alternativa á crise enerxética”
Juan José Gómez Cadenas, físico e novelista, Grupo de Física de Neutrinos do Instituto de Física Corpuscular, CSIC, Valencia.

1 de febreiro: "Cambio climático ou cambio de modelo de sociedade?"
Emilio Fernández, profesor titular de Ecoloxía da Universidade de Vigo

8 de febreiro: “Evidencias do Cambio Climático en Galicia”
Mesa redonda moderada por Dr. Manuel Ruiz Villarreal (Centro Oceanográfico da Coruña, IEO). Ponentes: Juan José Taboada (meteorólogo de Meteogalicia, Xunta de Galicia); Antonio Bode Riestra (Centro Oceanográfico da Coruña, IEO).

22 de febreiro: “Nucleares, non grazas?”
Josep Puig, enxeñeiro nuclear, profesor de técnicas enerxéticas na Universidade Autónoma de Barcelona.

1 de marzo: “A conservación dos bosque tropicais”
William Laurance, School of Marine and Tropical Biology, James Cook University Cairns, Australia.

8 de marzo: “Papel da educación ambiental na conservación da biodiversidade”
Marcos Sorrentino, profesor da Universidade de Sao Paulo).

15 de marzo: “A paisaxe e a perda de biodiversidade”
Francisco Javier López, Universidade de Santiago de Compostela.

22 de marzo: “O estado da conservación da biodiversidade en Galicia”
Pablo Ramil, Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, Universidade de Santiago de Compostela.

29 de marzo: “Os bosques galegos e a biodiversidade”
Antonio Rigueiro, Universidade de Santiago de Compostela.

5 de abril: “Efectos do Prestige sobre os ecosistemas mariños”
Victoriano Urgorri, Estación de Bioloxía mariña da Graña, Universidade de Santiago de Compostela.

12 de abril: “Áreas Marinas Protegidas (AMPs), unha estratexia para a conservación da biodiversidade mariña”
Mesa redonda moderada por Santiago Parra Descalzo, Centro Oceanográfico da Coruña. Ponentes: José Luis Vargas Poncini (IEO Madrid); Francisco Sánchez Delgado (Centro Oceanográfico de Santander, IEO)

19 abril: “A biodiversidade no medio mariño”
Juan Freire, Universidade da Coruña.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións