lunes, 31 de mayo de 2010

galegoespañol

Aliens dos fondos mariños

A ASOMBROSA INTELIXENCIA DOS POLVOS

:· DOCUMENTAL HD
>> Domus
Sala Leonardo da Vinci

17 setembro - 7 novembro 2010
FINALIZADA
No cine da Domus hoxe temos...

Duración: 52 minutos
Formato: Alta Definición (HD)
Horarios: público xeral | grupos escolares

Título orixinal: ALIENS OF THE DEEP
Unha produción de: MC4 (France) e Ideacom (Canada).
Coa participación de: Science Channel U.S., CBC, Discovery International, France 3.
"Aliens dos fondos mariños" é un documental de divulgación científica protagonizado por polbos, os únicos animais invertebrados cunha intelixencia que lles permite resolver problemas e cambiar de estratexia en funcións dous resultados acadados.




A asombrosa intelixencia dos polbos evolucionou neste planeta de xeito independente a tódalas demais formas de intelixencia (as dos animais vertebrados), a través dun camiño evolutivo propio que comezou hai máis de cincocentos millóns de anos.

O documental, en alta definición, segue a dous equipos de biólogos marinos que investigan a estas escorregadizas criaturas. Foi rodado en gran parte no Aquarium Finisterrae da Coruña; tamén se filmaron interesantes experimentos e secuencias noutros lugares do mundo, como Canadá, Italia, Mónaco ou Indonesia.

É unha produción franco-canadense, dirixida por dous expertos cinematógrafos, avalados por quince anos no equipo de "Mundo submariño" de Jacques Cousteau, John Jackson e Jerome Julienne. Estiveron apoiados polo tamén experto documentalista e biólogo Juan Antonio Romero, quen ademais de traballar dez anos con Cousteau, foi xefe de bioloxía de varios acuarios e colaborador habitual da BBC Natural History Unit (participando en series como Blue Planet, entre outras). Asimesmo, ás imaxes submariñas foron filmadas por Roberto Rinaldi, considerado hoxe en día como un dos mellores cámaras submariños do mundo.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións