jueves, 6 de mayo de 2010

galegoespañol

World Press Photo

2010

:· EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
6 - 27 MAIO 2010
FINALIZADA

Horario: de 10 a 19 horas
O ticket de entrada ao acuario (ver prezos) dá acceso á exposición.
Tamén pode visitarse gratis os días:
  • 8 de maio
    Día da Ciencia na Rúa
  • 18 de maio
    Día Internacional dos Museos
  • 22 de maio, de 18 a 24 horas
    Baixo as estrelas. A Coruña vive unha noite de festa para celebrar o Día Internacional dos Museos. Ver programa completo (PDF, 992 KB)

    Colección das fotos gañadoras da 53ª edición de "World Press Photo", o certame de fotografía de prensa máis importante do mundo: no 2009 concursaron máis de 101.960 fotografías (récord de participación), feitas por 5.847 fotoxornalistas de 128 países.

    Coa colaboración e o patrocinio de:



  • O Aquarium Finisterrae acolle a estrea en España de "World Press Photo 2010", o mellor retrato posible da humanidade neste momento.

    A exposición, que estará no acuario coruñés durante tres semanas, recolle as mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo, premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa.



    A fotografía gañadora desta edición é unha instantánea do italiano Pietro Masturzo, na que unha muller berra dende a terraza dun edificio en Teherán. É parte dunha historia que ilustra as noites seguintes ás polémicas eleccións presidenciais en Irán, nas que os cidadáns protestaban dende os seus tellados e balcóns tras unha xornada de manifestacións nas rúas.

    Os galardoados, cuxos traballos compoñen a exposición, foron 62 fotógrafos de 22 países: Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, Chile, China, Ecuador, Estados Unidos, Francia, Holanda, Hungría, Irlanda, Israel, Italia, Mali, México, Palestina, Perú, Reino Unido, Somalia e Suecia.

    En worldpressphoto.org podes ver unha GALERÍA DAS FOTOS DA EXPOSICIÓN, premiadas nas 10 categorías do concurso:
    * Noticias de actualidade
    * Temas de actualidade
    * Personaxes de actualidade
    * Deportes e fotografías de acción
    * Reportaxes de deportes
    * Temas contemporáneos
    * Vida cotiá
    * Retratos
    * Arte e entretemento
    * Natureza



     

    © 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións