miércoles, 2 de junio de 2010

galegoespañol

Ciencia continua

MARATÓN DIVULGATIVO

:· ACTIVIDADE
>> Casa das Ciencias
No exterior do museo
3 de xuño de 2010, desde as 10 ás 20 horas

«Ciencia continua» é unha actividade gratuita na que participarán uns 25 investigadores e divulgadores. Para celebrar o 25 aniversario da Casa das Ciencias, estarán a falar de ciencia durante toda a xornada co público.

Retransmisión por Twitter: @casaciencias
Conversa marcada con #cc25


A Casa das Ciencias continúa as celebracións do seu 25 aniversario con «Ciencia continua», unha novidosa proposta que reunirá a investigadores e divulgadores das tres universidades galegas e dos principais centros de investigación da Coruña

Durante a xornada do 3 de xuño, o exterior da Casa das Ciencias será un faladoiro no que se estará a divulgar ciencia de xeito ininterumpido desde as dez da mañá ata as oito da tarde. Esta nova experiencia, que serve de recoñecemento á comunidade científica galega, é posible gracias á colaboración de científicos de:
—Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo
—Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
—O Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña
—Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC)
—Centro Oceanográfico de A Coruña-Instituto Español de Oceanografía
—Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)

Tamén estarán representados os investigadores afeccionados e os divulgadores da ciencia.
>> Consulta o Programa completo de «Ciencia continua» (PDF, 99 KB)

Neste maratón de divulgación científica, o público que se achegue á Casa das Ciencias (a entrada no museo é gratuita), poderá coñecer as últimas novidades en campos de investigación como a xenética, a proteómica, a nanomedicina, a ocenografía ou a evolución. Tocaránse temas como o cambio climático, as células nai, os coches de hidróxeno ou o cruce entre os sapiens e os neandertais.

"Ciencia Continua" retransmítese polo Twitter @casaciencias.
Participa na conversa twitteando os teus comentarios e enlaces e engadíndolles a etiqueta #cc25



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións