ELIXE O PEIXE CORRECTO
:· CAMPAÑA EUROPEA
>> Mercados Municipais da Coruña
28 de maio Mercado da Praza de Lugo
3 de xuño Mercado de Monte Alto
10 de xuño Mercado de San Agustín
17 de xuño Mercado das Conchiñas
23 de xuño Mercado de Elviña
Persoal do Aquarium Finisterrae desprázase a estes mercados para informar aos cidadáns. A partir destes días, os postos de venda de peixe terán folletos informativos e etiquetas cos prezos dos peixes incluídos na campaña.

CONSELLOS BÁSICOS:
Prefire o peixe salvaxe.
Elixe especies que non estean en perigo.
Respeta a talla mínima de cada especie cando vaias comprar peixe.
Prioriza o peixe local.
Ten en conta o peixe da tempada.
Diversifica o teu consumo de peixe.
Pídelle ao teu peixeiro ou restaurador que che axude a elixir o peixe correcto no momento correcto.
Mercados, peixarías, restaurantes e consumidores son os destinatarios desta campaña cuxo obxectivo é loitar contra a sobreexplotación pesqueira.>> Mercados Municipais da Coruña
28 de maio Mercado da Praza de Lugo
3 de xuño Mercado de Monte Alto
10 de xuño Mercado de San Agustín
17 de xuño Mercado das Conchiñas
23 de xuño Mercado de Elviña
Persoal do Aquarium Finisterrae desprázase a estes mercados para informar aos cidadáns. A partir destes días, os postos de venda de peixe terán folletos informativos e etiquetas cos prezos dos peixes incluídos na campaña.

CONSELLOS BÁSICOS:
O 80% dos caladoiros mundiais de pesca están plenamente explotados ou sobreexplotados. Ante esta situación preocupante, que hipoteca o futuro da pesca e o consumo de peixe, é necesaria a actuación e o compromiso de todos. A campaña "Elixe o peixe correcto" busca concienciar á poboación de que os recursos do mar non son ilimitados e que poden colaborar á súa conservación consumindo peixe de especies que abunden e, a ser posible, que proceda de zonas de captura próximas.
A campaña, promovida pola World Ocean Network e financida pola Oak Foundation, está liderada en España polo Aquarium Finisterrae da Coruña. Ademais está a ser desenvolvida en Francia por Nausicaa, Centre National de la Mer, e en Italia, a cargo do Acquario di Genova.
Desembarco nos Mercados
Para difundir as mensaxes da campaña elaboráronse distintos materiais e instrumentos de comunicación, identificados polo logotipo "Ok. Bo para ti, bo para o mar". Grazas á colaboración dos Mercados Municipais da Coruña, os postos de venda de peixe dispoñerán de folletos informativos e etiquetas portaprezos.
Colaboración de restaurantes
A campaña ten un punto máis de encontro cos consumidores, os restaurantes. Na Coruña cóntase xa coa adhesión de establecementos como Casa Pardo, Domus, Pablo Gallego, Playa Club e o restaurante Finisterrae. Contarán con adhesivos para marcar nas cartas aqueles pratos que foron elaborados coas especies recomendadas, ademais de folletos informativos.
Outras accións da campaña
"Elixe o peixe correcto" iniciouse na Coruña o pasado 25 de novembro con actividades destinadas a grupos escolares e familias que visitan o Aquarium Finisterrae.
En concreto celébranse talleres da campaña na actividade infantil de fin de semana "Merendas no Aquarium", que teñen lugar todos os sábados do curso escolar.
Ademais está prevista a elaboración de diversos materiais, entre os que figuran un video clip promocional, un módulo interactivo que se instalará no Aquarium, unha exposición itinerante de fotografías cuxa temática é a sobreexplotación pesqueira, ou a edición da monografía de comunicación científica "Sobrepesca".





