martes, 6 de julio de 2010

galegoespañol

Peixes electrónicos

ARTE E CIENCIA

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Na entrada da Sala Maremagnum
6 xullo - 30 setembro 2010

Obras de Wolfgang Trettnak, que versan sobre:
  • Peixes eléctricos que utilizan electricidade como medio de comunicación, orientación, localización, cortexo, caza ou defensa.
  • Animais mariños bioluminescentes, que utilizan luz para atraer á prea, a comunicación, iluminación e como camuflaxe.
  • Peixes “biónicos”, que son robots con forma de peixe e que teñen peixes como modelos naturais.

  • A fascinación que o mar e o mundo mariño de Galicia exerceron sobre o artista austríaco Wolfgang Trettnak, deu como resultado esta exposición. «Peixes Electrónicos» mostra a particular visión do universo mariño dun home de terra dentro, que atopa nos peixes e noutros animais acuáticos a fonte de inspiración.

    A técnica utilizada é mixta, e os cadros, acrílicos sobre lenzo, conteñen compoñentes electrónicos como placas, circuítos, cables, placas solares ou díodos luminosos integrados. As obras acompáñanse dunha breve explicación científica da idea plasmada no cadro e, algunhas, dunha nota culinaria.



    A dobre formación do autor, doutor en Químicas e pintor, lévao a tratar de relacionar Arte e Ciencia desde hai moitos anos, o que plasma claramente nesta exposición. Para realizala baseouse nos seus coñecementos da luminescencia, os sensores e as súas aplicacións, e inspirouse na natureza de Galicia, na súa abundante pesca, e nos peixes do Aquarium Finisterrae da Coruña onde debuxou algúns dos bosquexos para os cadros.

    Para rematar, e como detalle anecdótico, engadir que a exposición se converteu nunha agradable viaxe pola gastronomía galega, xa que o proceso habitual de traballo consistiu en visitar a peixería, estudar / debuxar o peixe seleccionado, cociñalo e catalo en condicións; así baixo os seus pinceis caeron polbos, pescadas, bonitos, sardiñas, raias..., o que o converteu nun incondicional embaixador da boa mesa de Galicia.



     

    © 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións