miércoles, 14 de julio de 2010

galegoespañol

Un Anaquiño de Nicaragua

FOTOGRAFÍAS DE FERNANDO BELLAS

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Domus
Na entrada do museo
14 xullo — 30 setembro 2010
FINALIZADA

As imaxes de "Un Anaquiño de Nicaragua" reflexan a vida cotiá dun país extremadamente vulnerable ante os desastres naturais, con elevados índices de pobreza e onde o 20% dos nenos sofre desnutrición crónica.

A exposición está organizada por Acción Contra el Hambre e Cultura Solidaria, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.
Co patrocinio de La Caixa.



Achegar a mirada do “primeiro mundo” á realidade dese outro mundo que sobrevive en circunstancias de pobreza case absoluta. Ese é un dos leitmotif da exposición “Un Anaquiño de Nicaragua”, realizada polo fotógrafo Fernando Bellas na súa viaxe ao país centroamericano.



Ver: dosier da exposición | galería virtual

Fernando Bellas percorre o departamento de Madriz, en Nicaragua, invitado por Acción Contra el Hambre, coa finalidade non só de obter información directa sobre a castigada rexión, senón tamén de coñecer in situ o desenvolvemento dos proxectos humanitarios que ACH desenvolve no país.

Visitaron distintas asociacións (“Asociación de desenvolvemento municipal Óscar Arnulfo Romero de Las Sabanas”, “Cooperativa de Multiservicios Rafael María Fabreto de San José de Cusmapa”, “Cooperativa 5 de junio de Las Sabanas”) conformadas por pequenos productores rurais, adicados á producción e comercialización de productos agropecuarios, café ou artesanía.

En palabras do propio autor:

Ao regresar sentes que a metade do que tes "sobra". A "coiraza" non serviu de moito porque recordas os rostros, recordas as estradas, os caldeiros de auga, os atados de leña ás costas...


Fernando Bellas
Naceu en Pontedeume (A Coruña) en 1955. Descobriu a fotografía en 1977, afección que lle fixo abandonar anos despois os seus estudos de Medicina.

Na década dos 80 os seus traballos publicábanse en La Voz de Galicia, El País e Cambio 16. Actualmente está vinculado á Televisión de Galicia e participa en numerosos proxectos fotográficos dentro e fóra de España.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións