miércoles, 6 de octubre de 2010

galegoespañol

Bo para o mar, bo para ti

CONSUMO RESPONSABLE

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
5 outubro – 21 novembro 2010
FINALIZADA

30 imaxes que reflicten o percorrido dos “peixes correctos”, dende que son capturados no mar á peixaría, ademais da súa preparación e consumo.

Unha coprodución de Nausicaa Centre National de la Mer (Francia), Acquario di Genova (Italia) e Aquarium Finisterrae (España).


O Aquarium Finisterrae acolle a estrea europea dunha exposición fotográfica baseada na campaña "Elixe o peixe correcto", para fomentar o consumo sostible de peixe.


>> Ver selección de fotos da exposición

O obxectivo da exposición é trasladar aos cidadáns a mensaxe de que o consumo responsable de determinadas especies é unha solución para o problema da sobrepesca. Para a realización contouse coa colaboración de reporteiros gráficos dos tres países participantes, España, Francia e Italia.

As imaxes que presentan o "peixe correcto" galego foron tomadas polo fotógrafo coruñés César Quián. No seu traballo quedan representadas as descargas dos barcos no porto, a poxa no peirao, ou a venda aos consumidores en mercados como o da Praza de Lugo.

As fotografías procedentes de Francia mostran outros aspectos como a recollida de vieiras, un prato elaborado con este molusco, ou a técnica francesa de cultivo de mexillóns. O seu autor é Jean-Pierre Duval. No caso de Italia, as imaxes foron achegadas por un estudo fotográfico que traballa co Acquario di Genova, participante na campaña.

A exposición complétase con textos que dan resposta ás preguntas que formulou o público sobre o tema da sobrepesca nos tres países. Tras a súa estanza na Coruña, a exposición viaxará a Francia ao acuario Nausicaa Centre National de la Mer. Unha vez finalizada a itineración, a exposición estará dispoñible para exhibirse en centros comerciais, que a poderán solicitar gratuitamente.

:· MÁIS INFORMACIÓN
Mr. Goodfish: bo para o mar, bo para ti | mrgoodfish.com
Páxina oficial da campaña "Elixe o peixe correcto"



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións