lunes, 4 de octubre de 2010

galegoespañol

O Ártico e o cambio climático

FOTOGRAFÍAS DE CARLOS CARAGLIA

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Na entrada da Sala Maremagnum
28 setembro 2010 - 13 febreiro 2011
FINALIZADA

Unha serie de fotografías realizadas por Carlos Caraglia durante a súa expedición ao casquete polar de Groenlandia en agosto de 2009.

As imaxes recollen algúns efectos do quentamento global nesta rexión, onde se pode apreciar a perda de xeo que sofre o glaciar de Isertoq.
Esta exposición, que se presenta por primeira vez en España, reivindica a conservación das zonas polares a través de imaxes que reflicten a inmensa beleza do xeo do Ártico.



Motivado pola crenza de que é imprescindible adoptar iniciativas por parte da sociedade civil, Caraglia creou “Viaxe Polar", proxecto que ten como meta filmar e fotografar as zonas polares co propósito de realizar un documental e elaborar un banco de imaxes que serán utilizadas con fins divulgativos. O obxectivo fundamental consiste en mostrar os efectos do quentamento global sobre os polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeñan no equilibrio do clima de todo o planeta.

Caraglia realizou tres viaxes á Antártida en calidade de fotógrafo. Tras a súa primeira viaxe a esta rexión, en novembro de 2007, involucrouse de forma activa na loita pola preservación das zonas polares. Na súa penúltima viaxe (decembro de 2009), percorreu 7.000 millas mariñas (11.265 km) a bordo do Crebaxeos Ruso "Kapitan Klebnikov", accedendo aos lugares máis extremos da Terra, visitando as inaccesibles colonias de pingüíns emperador e os refuxios dende os que Scott e Shackleton iniciaron as campañas cara á conquista do Polo Sur. En xullo de 2010 realizou a súa quinta expedición, que tivo como obxectivo a busca de osos polares no Ártico.

:· GALERÍA DE FOTOS
As zonas polares | elviajepolar.com
Viaxa aos polos e coñece aos seus habitantes, da man de Carlos Caraglia



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións