jueves, 14 de octubre de 2010

galegoespañol

Públicos da Ciencia

SIMPOSIO DE MUSEOLOXÍA CIENTÍFICA

:· CANDO E ONDE?
En novembro de 2010
+Venres 26 (mañá e tarde)
+Sábado 27 (mañá)
Lugar: Domus
Participación gratuita. Extenderáse certificado de asistencia
(Está solicitado 1 crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista)

100 prazas
128 prazas

INSCRICIÓN FINALIZADA
Cubertas as prazas inicialmente ofertadas, ampliamos o cupo a 128, o máximo que permite a capacidade da sala Leonardo Da Vinci da Domus.
Xa non se admiten máis inscricións nin lista de espera.

Descargas:
Tríptico (PDF, 2.7 MB)
Cartaz (PDF, 1.5 MB)

Temas:
-Os diversos públicos da ciencia
-Novas estratexias na divulgación científica

Dirixido a:
-Traballadores dos museos de ciencia
-Persoas interesadas na divulgación científica
-Alumnado e profesorado universitario.

Os Museos Científicos Coruñeses organizan o Simposio de Museoloxía Científica «Públicos da Ciencia», na busca de fórmulas que permitan manter e revitalizar a sintonía cos diversos públicos da ciencia.

>> Segue (en directo) o simposio no noso Twitter @casaciencias
>> As charlas, presentacións e resumes colganse no blog do simposio


Este simposio é unha aposta pola profesionalización da museoloxía científica interactiva, que se enmarca na celebración do 25 aniversario da Casa das Ciencias e contará coa colaboración de la Universidade da Coruña (Unidade de Cultura Científica).





Programa completo


VENRES, 26 de novembro de 2010

11.15 Inauguración
11.30 "Os públicos da ciencia" Presentación do Simposio
Xosé A. Fraga
Director dos Museos Científicos Coruñeses

Ponencias
12.00 "A nova estratexia de divulgación científica da Fundación la Caixa"
Ignasi López Verdeguer
Subdirector Área de Ciencia, Investigación e Medio Ambiente. Fundación "la Caixa"

12.45 "O foro mariño do Aquarium Finisterrae: unha nova infraestrutura para axudar ao público a navegar pola actualidade científica"
Francisco Franco del Amo
Director técnico do Aquarium Finisterrae, Museos Científicos Coruñeses

13.30 "Sabemos quen vén ao noso museo? O perfil do visitante e o Plan de Mercadotecnia e Comercial"
Alejandro Fernández das Penas
Director de Cosmocaixa Madrid

16.30 "O museo, é unha escola?"
Paz Posse Hernanz
Xefa do Dpto. de Educación e Actividades, Parque de las Ciencias (Granada)

17.15 "Adaptación dos obxectivos de comunicación expositiva aos distintos tipos de público"
Maria Isabel Parra Lledó
Directora do Museo de la Ciencia y el Auga de Murcia

18.00-18.15 Pausa para café.
18.15 "Como achegar a investigación biomédica aos mozos a través de Internet?"
Rosina Malagrida
Directora de Difusió de la Ciència, Parc Científic Barcelona

19.00 "O Sistema territorial do mNACTEC: patrimonio, identidade e públicos"
Carme Prats Joaniquet
Coordinadora do Sistema territorial mNACTEC, Departamento de Cultura e Medios de Comunicación. Generalitat de Catalunya


SÁBADO, 27 de novembro de 2010

10.45 "Programa para público adulto da Fábrica Centro Ciência Viva de Aveiro"
Pedro Pombo
Director Fabrica Ciencia Viva de Aveiro (Portugal)

11.30 "Como trasladar á Rede o discurso divulgativo dos museos de ciencia?"
Francisco Doménech Casteleiro
Responsable da páxina web dos Museos Científicos Coruñeses

12.15 "Novas formas de facer museo científico co visitante de hoxe como protagonista: I+D sobre museología nos museos de ciencia"
Guillermo Fernández
Consultor de proxectos museísticos

13.00 Sesión final, debate e presentación de propostas



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións