martes, 9 de noviembre de 2010

galegoespañol

SOS Planet 3D

BIODIVERSIDADE EN PERIGO

:· CINEMA EN 3D
>> Domus
Sala Leonardo Da Vinci
Prezo: 4€
(2€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte)
1€ para visitas escolares con desconto
Duración: 45 minutos

Desde o 8 novembro 2010
Ver horarios

Co patrocinio de:



Desde as profundidades do océano ao frío glacial do Ártico e a espesura da xungla de Borneo, «SOS Planet» convida a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta. E para iso propón tres temas de actualidade: o quecemento global, a destrución dos hábitats oceánicos e a deforestación.


Necesitas gafas especiais para ver este tráiler en 3D.
Tamén podes velo en 2D.


Producida en asociación co WWF (World Wildlife Fund), «SOS Planet» película leva á audiencia ao corazón dos lugares do planeta que se enfrontan a estes retos medioambientais, nunha experiencia inmersiva da man da tecnoloxía 3D e as realísticas animacións de animais xeradas por ordenador.

Ver álbum "SOS Planet 3D"

Especies amenazadas

Entre os protagonistas desta película, que serven de fío condutor da historia, están as tartarugas mariñas, das que seis de sete especies existentes están en perigo; o orangután das selvas de Borneo e Sumatra, cuxas poboacións decreceron un 90% nos últimos cen anos; o oso polar, unha especie catalogada como vulnerable; ou as serpes, réptiles que viven nunha ampla variedade de hábitats, desde as copas das árbores ás profundidade dos océanos.

Trátase en definitiva de promover a mensaxe de que é necesario preservar a abundancia e a diversidade da vida na Terra, e que está nas nosas mans.


O sistema de proxección 3D

A distancia que separa os nosos ollos, uns cinco centímetros, determina que cada un reciba unha imaxe lixeiramente distinta. Con elas, o cerebro constrúe imaxes tridimensionais e non planas, como o fai unha cámara fotográfica. As lixeiras diferenzas que lle chegan de cada ollo serven para apreciar a profundidade do espazo e a distancia que nos separa dos obxectos.

Nunha película 3D dúas imaxes proxéctanse á vez sobre a pantalla. Os lentes separan cada unha das imaxes e deixa pasar só unha delas a cada ollo. Pero ademais, as dúas imaxes dun obxecto que se proxecta en primeiro plano están máis separadas que os obxectos máis distantes na pantalla. Isto permite que o cerebro entenda que hai obxectos que están máis preto e outros que están máis lonxe dunha forma máis acentuada que a habitual. Pode dicirse que este sistema de proxección leva ao extremo a nosa visión normal en tres dimensións.


Instalación e adaptación de contidos 3D realizada por:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións