jueves, 4 de noviembre de 2010

galegoespañol

Unha ollada natural

ILUSTRACIÓNS DE CALROS SILVAR

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Casa das Ciencias
Planta baixa
4–30 novembro 2010
FINALIZADA

20 cadros de aves, mamíferos, anfibios, fungos, plantas e árbores representados polo ilustrador Calros Silvar.

Calros Silvar é Licenciado en Belas Artes, ilustrador, naturalista e afeccionado á ornitoloxía. Ten publicados máis de cen libros, e foi galardoado con varios premios de ilustración, debuxo de humor e banda deseñada.

>> Ver selección de ilustracións da exposición

A Casa das Ciencias ofrece unhas pinceladas da biodiversidade de Galicia, plasmada nas ilustracións de Calros Silvar que compoñen a exposición «Unha ollada natural».

Unha escolma das ilustracións feitas para guías de natureza e outros libros da mesma temática. Tamén hai debuxos de cadernos de campo, onde se poden observar bosquexos e apuntamentos, a cara oculta do traballo do ilustrador da natureza.


:· MÁS INFORMACIÓN
Calros Silvar - Galería | agpi.es
Páxina do autor na web da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións