martes, 21 de diciembre de 2010

galegoespañol

Wild Safari 3D

AVENTURA EN SUDÁFRICA

:· CINEMA EN 3D
>> Domus
Sala Leonardo Da Vinci
Prezo: 4€
(2€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte)
1€ para visitas escolares con desconto
Duración: 45 minutos

Desde o 21 decembro 2010
Ver horarios

Co patrocinio de:



A Domus estrea unha nova película en 3D, con motivo do Ano Internacional da Biodiversidade. Wild Safari invita aos espectadores a un safari no que coñecerán os chamados Cinco Grandes: o elefante, o rinoceronte, o leopardo, o búfalo do Cabo e o león.



Ao longo dunha viaxe de 5.000 quilómetros polo sur do continente africano, a través das pradarías de Addo/Shamwari e as sabanas de Kalahari, pódese apreciar a beleza destes animais que están en perigo de extinción. E percíbese a importancia de valorar e conservar a vida salvaxe en todo o seu esplendor.

Ver álbum Wild Safari 3D

A vista de paxaro

É a primeira vez que unha película retrata a vida salvaxe en tres dimensións, situando o espectador como copiloto dun safari que percorre as diversas reservas naturais de Sudáfrica e no que se enfrontará a impresionantes elefantes, esquivos leopardos ou famentos leóns.

A película inclúe ademais escenas a vista de paxaro do sur de África, realizadas con avanzadas técnicas de imaxes vía satélite: miles de quilómetros percorridos no espazo nuns poucos segundos.

O sistema de proxección 3D

A distancia que separa os nosos ollos, uns cinco centímetros, determina que cada un reciba unha imaxe lixeiramente distinta. Con elas, o cerebro constrúe imaxes tridimensionais e non planas, como o fai unha cámara fotográfica. As lixeiras diferenzas que lle chegan de cada ollo serven para apreciar a profundidade do espazo e a distancia que nos separa dos obxectos.

Nunha película 3D dúas imaxes proxéctanse á vez sobre a pantalla. Os lentes separan cada unha das imaxes e deixa pasar só unha delas a cada ollo. Pero ademais, as dúas imaxes dun obxecto que se proxecta en primeiro plano están máis separadas que os obxectos máis distantes na pantalla. Isto permite que o cerebro entenda que hai obxectos que están máis preto e outros que están máis lonxe dunha forma máis acentuada que a habitual. Pode dicirse que este sistema de proxección leva ao extremo a nosa visión normal en tres dimensións.


Instalación e adaptación de contidos 3D realizada por:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións