miércoles, 16 de febrero de 2011

galegoespañol

Liv

FOTOGRAFÍAS DE CARLOS CID

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Artista invitad@
16 febreiro – 24 abril 2011
FINALIZADA

As obras da serie "Liv" non están na paisaxe, senón que son a paisaxe. Non aparecen na obra elementos temporais, nin referenciais, tampouco humanos. O mar existe no tempo.

Malia a súa aparencia de invariabilidade parece deter ou anular o paso das horas. Algo que o home busca dende as distancias da historia e ao que inevitablemente pertence.
A mostra alóxase na nova sala "Artista invitad@", un espazo do Aquarium Finisterrae para presentar novidades da arte relacionados coa ciencia e o mar.



"Liv", nome que en sueco remite ao concepto de vida máis elemental, intérnase nos atlas da historia que nacen da orixe máis profunda da nosa existencia, que pertence ao noso presente, pasado e futuro. A auga como a orixe da vida: todo sae dela e volve cara a ela; é o lugar do nacemento, transformación e o renacemento. Na serie é importante subliñar as calidades metamórficas da auga. O decisivo é tomar en consideración os elementos fundamentais que configuran a vida e ver como o tempo produce os seus cambios efémeros e eternos.

Xa que na súa extensión, case sen límites, subxacer a idea do indeterminado, o indefinido e o insondable, as obras do proxecto falan dunhas masas de auga descontextualizadas que son protagonistas absolutas e donas do espazo e de nós mesmos; universos eternos de materias, modos ancestrais e vivencias comúns. As obras están guiadas pola experiencia emocional, convencidas de que o tempo da auga, é ao mesmo tempo o noso propio. Son mapas de vida, sen programas nin liñas trazadas, onde simplemente ler o reflexo do curso da existencia humana e das flutuacións dos seus desexos e sentimentos.

Como diría o mesmo Víctor Hugo, mestre mundial de movemento romántico: "L'Art c'est l'azur" (A arte é azul). E neste caso é o espello azul onde mirarnos e buscar reflectida a experiencia de o noso ser íntimo reencontrándose coa experiencia vital colectiva.

O proxecto fala de lugares comúns á humanidade onde somerxerse e perderse. Lugares analóxicos co templo, aínda que baleiros de estigmas, marcas e pecados implícitos. “Liv” remite ao deus/home que todo o habita e que é a metáfora orixinal. “Liv” é sublímeo kantiano que se limita en tanto "estado do espírito" coma encontro do home coa natureza, o un co infinito.

:· GALERÍA DO AUTOR
Carlos Cid
Páxina web con traballos, biografía e contacto do autor da exposición.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións